Blog 6. A competencia dixital.

Ola a todas e a todos! A entrada que publico hoxe trata sobre un tema principal nesta materia de Tecnoloxía Educativa: a competencia dixital, pois é unha competencia da que se está a falar moito na actualidade e debemos darlle a importancia que ten. Antes de nada, gustaríame definir este concepto de competencia dixital. Así, o Ministerio de Educación e Formación Profesional (s.f.) define este termo da seguinte forma: 

 

“A competencia dixital é aquela que implica o uso creativo e seguro das tecnoloxías da información e a comunicación para alcanzar os obxectivos relacionados co traballo, a empleabilidade, o aprendizaxe, o uso do tempo libre, a inclusión e a participación na sociedade.”  

 

Require de coñecementos relacionados coa linguaxe específica básica (...) e precisa do desenvolvemento de diversas destrezas. De modo que a persoa sexa capaz de facer un uso habitual dos recursos tecnolóxicos dispoñibles co fin de resolver os problemas reais dun modo eficiente, así como avaliar e seleccionar novas fontes de información e innovacións tecnolóxicas, a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade para acometer tarefas ou obxectivos específicos. Ademais, tamén require duns valores e actitudes específicos (actitude activa, crítica, realista e de respeto aos principios éticos). 

 

Para o adecuado desenvolvemento da competencia dixital debemos abordar estas cinco áreas principais:

  • Información. 

  • Comunicación. 

  • Creación de contidos. 

  • Seguridade. 

  • Resolución de problemas. 

 

Deste modo, podemos ver que a competencia dixital é un aspecto que debe ser principal para o noso deselvolvemento integral como seres humanos e debería terse en conta de forma relevante no currículo escolar da actualidade. Sen embargo, é evidente que a esta competencia non se lle dá toda a importancia que debería ter e nas aulas non chega a haber un verdadeiro aprendizaxe significativo desta. Este feito pode verse por exemplo, na incorporación sen máis da tecnoloxía ás aulas, pois non supón a súa integración curricular (Gutiérrez y Tyner, 2012). 

 

Polo tanto, esta integración das TIC nos centros educativos para fomentar a competencia dixital debería supoñer un cambio radical da concepción curricular, organizativa e pedagóxica que reinvente a escola do século XXI como unha institución social que eduque para ser un cidadán culto, crítico, innovador e competente na sociedade dixital (Cobo y Moravec, 2011). 

 

Un dos factores máis relevantes para conseguir este pleno desenvolvemento da competencia dixital, é a formación do profesorado nesta área, pois trátase dunha competencia dinámica cuxo marco debe ser renovado de maneira periódica para adpatarse as novos contextos educativos que as propias tecnoloxías van xerando. Este desenvolvemento por parte do profesorado resulta imprescindible por múltiples motivos (Mosquera, 2018):

 

  • A necesidade da evolución da profesión docente e as súas esixencias académicas, administrativas ou de investigación para a mellora do aprendizaxe e o desenvolvemento competencial dos e das estudantes. 

 

  • O alto carácter motivador que o uso das tecnoloxías dixitais supón para o alumnado, así como a necesidade de traballar e ensinar dun modo realista e acorde coa sociedade na que vivimos -na que sin duda, a tecnoloxía ocupa unha posición privilexiada-. 

 

Como podemos ver, a incorporación da competencia dixital nos centros educativos e en institucións similares é moi necesaria na nosa sociedade, e máis neste preciso instante, pois a educación adaptada ao tempo de coronavirus está fundamentada por esta competencia. 

 

Esta experiencia que xorde por motivo da pandemia pode ensinarnos sobre como debe cambiar a educación para poder preparar mellor á nosa xuventude, xa que obrigou a desbloquear a tecnoloxía para impartir educación. A pesar de todo, esta crise bríndanos unha oportunidade de mellorar moito a educación grazas a educación dixital (Cotino, 2020), pois podemos apreciar a escasa competencia dixital dos/as docentes e das nosas limitacións e canrencias no ámbito dixital como sociedade, xa que a educación dixital non é impartir a asignatura tal e como se fai no aula pero usando medios dixitais ou dixitalizas os contidos, debe ir máis alá (Anónimo, 2020). 

 

En definitiva, a solución que nos deixa esta crise global non é máis que a necesidade que temos de repensar o propio currículo que temos implantado na nosa educación formal e que favoreza e valore dunha vez por todas un verdadeiro aprendizaxe e desenvolvemento da competencia dixital. 

 

Para finalizar, gustaríame deixar unha pregunta para que poidades responder nos comentarios: Considerades que está ben plantexado o currículo actual con respecto ao aprendizaxe da competencia dixital? Que cambiaríades vós para favorecer este aprendizaxe?

 

Referencias bibliográficas:

 

Anónimo. (2020). COVID-19, Educación digital y el futuro que se anticipa. Recuperado de: https://e-aprendizaje.es/2020/03/23/covid-19-educacion-digital-y-el-futuro-que-se-anticipa/ 

 

Cobo, C. & Moravec, J. (2011). Aprendizaje invisible. Hacia una nueva ecología de la educación. Barcelona: Col•lecció Transmèdia XXI. Laboratori de Mitjans Interactius/Publicacions i Edicions de la Universitat de Barcelona.

Cotino, L. (2020). La enseñanza digital en serio y el derecho a la educación en tiempos de coronavirus. Revista de Educación y Derecho. 21, pp. 1-29. Recuperado de:https://revistes.ub.edu/index.php/RED/article/view/31213

 

Gutiérrez, A. & Tyner, K. (2012). Educación para los medios, alfabetización mediática y competencia digital. Comunicar. (19), 38, pp. 31-39. Recuperado de: https://www.redalyc.org/pdf/158/15823083005.pdf

 

Ministerio de Educación y Formación Profesional. (s.f.). Competencia Digital. Recuperado de: http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/lomce/el-curriculo/curriculo-primaria-eso-bachillerato/competencias-clave/digital.html


Mosquera, I. (2018). El necesario desarrollo de la competencia digital dep profesorado. Recuperado de: https://www.unir.net/educacion/revista/noticias/el-necesario-desarrollo-de-la-competencia-digital-del-profesorado/549203517804/

    • Diego Cerviño Cerviño
      Diego Cerviño Cerviño

      Boas, Nerea.

      Antes de nada, e como xa comentei noutra entrada, é curioso que unha crise humanitaria e social saque a relocir os defectos do noso sistema en relación coa competencia dixital, como ti comentas.

      En relación coa preguntas que ti planteas, a miña opinión é bastante clara: non. Penso que o actual currículo educativo do noso país non forma en base á competencia dixital, ou polo menos non o fai do xeito correcto, como estamo vendo estes días en relación coas habilidades dixitais de moitos sectores do alumnado, e de algúns/as docentes tamén (o que semella un chiste). Eu cambiaría totalmente a visión anecdótica que existe no noso sistema en relación coas TICS: primeiro, faría que os/as docentes tiveran, durante a súa xornada laboral, unha formación continua en relación coas TICS, na cal aprenderían todos os benefecios pedagóxicos das mesmas e o emprego destas; e, segundo, faría obligatorio unha remodelación dos métodos de ensinanza, para que as novas tecnoloxías tiveran un peso equitativo, ou superior, ó libro de texto é á libreta.

      Moi boa entrada, compañeira!

      Nerea Saavedra Fernández

      Nerea Saavedra Fernández

      Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC

      últimos comentarios