Blog 8: Brecha dixital e as súas consecuencias en épocas de confinamento.

Ola! Espero que todo estea indo ben e vos atopedes coas enerxías necesarias para finalizar este curso, ánimo que xa queda menos!

Neste blog falarei da chamada “Brecha dixital”. Este termo fai referencia a distribución desigual no acceso, no uso, ou no impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación entre grupos sociais.

Desde a aparición da tecnoloxía nas nosas vidas e na sociedade sempre existiu unha brecha dixital entre aquelas persoas que contaban con recursos para acceder á mesma e aquelas outras que non se o podían permitir. Pouco a pouco, todo foi avanzando e a innovación foi entrando de maneira lenta nos fogares, pero a pesar de todos os “cambios” estas desigualdades non desapareceron totalmente. Produciuse unha redución, sen embargo, esta divisoria dixital continuou estando presente na nosa sociedade, aínda que moitas persoas non o viran ou quixeran ver.

Co paso do tempo, como xa dixen, este concepto modificouse. Nun principio facía referencia a problemas de conectividade pero posteriormente incorporou enfoques referidos á preocupación polo desenvolvemento de capacidades e habilidades para empregrar as TIC (capacitación e educación) e tamén o emprego dos recursos integrados na tecnoloxía.

Coa situación que estamos a vivir por mor do Covid-19 esta brecha deixouse ver novamente e con máis forza, deixando á luz as grandes diferenzas que existen na sociedade. O emprego das ferramentas dixitais aumentaron coa presenza do virus para: realizar o teletraballo, estudar desde a casa o que implica asistir a clases en línea, asesorar a pacentes, reunir aos líderes políticos e o que creo que é o máis impotante, seguir en contacto coas amizades e a familia. 

Na investigación elaborada por Gewerc, Groba y Martínez (2019), exponse que a pesar da existencia de diferencias entre zonas máis pobres e outras máis ricas, existen bastantes lagunas noutros aspectos en relación á alfabetización dixital e as competencias necesarias neste senso. Desta maneira, incluso cando existen oportunidades, non todxs teñen as mesmas posibilidades de aproveitar as potencialidades nin de estar previstos en relación aos riscos (Livingstone,Haddon y Görzig, 2012;LivingstonNandi, Banaji y  Stoilova, 2017). Polo tanto, ademáis dunha brecha dixital fálase dunha brecha económica, social, educativa… As desigualdades no emprego das TIC e dos medios dixitais expoñen outras desigualdades preexistentes. 

Nesta época de confinamento a tecnoloxía foi unha aliada para moitas e unha gran dificultade para outras, as que ademáis desta situación se lles suma o impedimento de non poder continuar co seu traballo ou co curso. Penso que esta situación é nova para todas e non se pode controlar en totalidade aínda que dende o meu punto de vista non se está facendo o suficiente, xa que ninguén estaba preparado para elo. Nós como futuras pedagogas e pedagogos debermos reflexionar críticamente para que nun futuro poidamos actuar eficazmente neste senso e noutros moitos para unha igualdade de oportunidades en canto a alfabetización dixital.

¿Que pensades deste tema? Espero os vosos comentarios!

 

 

Referencias bibliográficas:

 

Camacho, K. (2005). La brecha digital. Palabras en juego: enfoques multiculturales sobre las sociedades de la información, 61-71.

 

Gewerc, A., Martínez, E. e Rodríguez, A. (2019) Nivel de competencia digital del alumnado de educación primaria en Galicia. La influencia sociofamiliar. RED. Revista de Educación a Distancia. 01(61), 1-25.

 

Wikipedia (2020). Brecha Digital. Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Brecha_digital 

 
    Aroa Fiunte Blanco

    Aroa Fiunte Blanco

    Estudante de 3º de Pedagoxía na USC.

    últimos comentarios