Blog.7. Modificouse a forma na que aprendemos pola tecnoloxía? Que din as teorías de aprendizaxes?

    Rocío Ramos Lamela
    Por Rocío Ramos Lamela

    Cando falamos de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e da súa influencia na educación resulta inevitable a reflexión sobre como ditas tecnoloxías afectan ou inciden na forma na que as persoas aprenden.

    Entón, a tecnoloxía modificou a forma na que aprendemos? Estou segura de que si. Todo o mundo é consciente de que o proceso de aprendizaxe foi cambiando dende que facemos uso das tecnoloxías; en maior ou menor medida, pero a modificación é obvia.

    No ámbito educativo, a introdución das TIC supuxo unha innovación, como xa comentei en entradas anteriores, e isto, supuxo un gran interese nos distintos axentes do ámbito da educación. O que trouxo consigo un proceso de aprendizaxe máis rápido, ameno e frutífero; a dinamización da educación a través da tecnoloxía potencia o rendemento dos axentes educativos.

    Un claro exemplo disto, é o PLE (Personal Learning Environment), do que falamos a principio de cuatrimestre. O PLE é un dos conceptos que xenera maior interese no entorno da Tecnoloxía Educativa, e se define como produto da confluencia de diversos factores, como a xeneralización do uso das ferramentas e servizos da Web en todos os niveis educativos. Adell Segura & Castañeda (2010).

    Cabe destacar, de que o PLE das persoas va moito mais alá das tecnoloxías e implica incluso aqueles espazos e estratexias do mundo presencial que as persoas utilizan para aprender. O término PLE alude a parte dese entorno que se nutre e amplía no marco da tecnoloxía (non dunha parte en xeral, de todas as TIC en xeral).

    Volvendo a pregunta de se modificou ou non a forma de ensinar a través da introdución das TIC, cuxa resposta é positiva, os educadores deben prepararse e preparar aos alumnos para vivir nunha nova sociedade da información, sociedade do coñecemento, e para elo deben potencias as habilidades necesarias para que o alumnado e eles mesmos aproveiten ao máximo as súas posibilidades. Trátase de ampliar o aprendizaxe de respostas e de contidos dos modelos educativos tradicioanis, ensinar a aprender ao longo de toda a vida e, para elo, de transmitir as capacidades e habilidades que permitan adaptase a unha sociedade que se encontra en constante evolución.

    A modo de conclusión, é notable o xiro que deu a educación en canto á forma de ensinanza xa que foron variando os obxectivos educativos, o obxectivo da docencia e, por último, os diferentes cambios nos obxectivos didácticos.

     

     Referencias bibliográficas

    Adell, J. Y Castañada, L. (2010). Los entornos personales de aprendizaje (PLE) una nueva era de entender el aprendizaje.