Blog 9: Consecuencias da brecha dixital

Ola de novo!

Esta nova entrada vai tratar do tema que nos absorbe esta tempada, as consecuencias que existen e que estamos a vivir coa brecha dixital. Antes de nada, aínda que xa todos sabemos o que é quero resaltar o que isto significa, según EcuRed, a brecha dixital defínese como a separación que existe entre as persoas que utilizan as Tecnoloxías da Información e as comunicacións (TIC), como unha parte rutinaria da súa vida e aquelas que non teñen acceso as mesmas e aínda que as teñan non saben como utilizalas. 

Esta definición mostra moi ben o que quero expresar, pois existe unha gran desigualdade con respecto as tecnoloxías, pois coma sempre esto vai ligado ao económico, e non todas as familias se poden permitir ter un dispositivo na casa ou sen ir máis alá, ter conexión a internet, e considero que estas son dous aspectos que están afectando a moitas familias a nivel mundial, pois debido a situación do confinamento estamos a visualizar unha realidade que sabíamos que existía, pero que nunca se lle dou importancia ou nunca foi de interese que isto se visualizase.

E aquí vemos a desigualdade, onde nenos non poden seguir a súa escolarización de maneira progresiva, e outros moitos, que non teñen a posibilidade de acceder a esta escolarización, xa non falamos de que fagan exercicios online, se non que os pais non teñen a posibilidade de saber como seguir ensinando ao seus fillos dende a casa.   

Outro aspecto que se comenta na definición, é o descoñecemento que se ten sobre o uso destas recursos, sempre se fala do mal uso que se ten sobre este tipo de dispositivos, que os nenos non deberían usar tanto os ordenadores, plays, consolas... xa que non as consideran educativas, pero o problema non é xa o mal uso, o problema é que non sabemos usalos, e cómo pretendemos que os nosos pequenos sexan capaces de manipular estes obxectos se nin nos mesmos non o sabemos facer?, como comentei no anterior blog, considero que é necesario facer un cambio no currículo, ensinar o que realmente é relevante e importante para afrontar a realidade na que nos atopamos, e agora mesmo estamos a vivir unha realidade que se dende que existen estes dispositivos, xa fai 20 anos, fósemos conscientes do seu uso e da súa importancia, esta situación que estamos a vivir sería moito máis doada de levar a diante. 

Como podemos observar esta brecha dixital está desencadeando nunha brecha educativa, pois dentro de 2 días cómprense 2 meses do confinamento, 2 meses nos que a educación estivo en parte un pouco paralizada, aínda que se buscasen as maiores solucións posibles no menor tempo posible, segue existindo condicionantes como a imposibilidade de seguir esta escolarización de xeito telemático.

Considero que cando todo isto acabe, nos sirva como aprendizaxe, pois que ditas desigualdades teñen que acabarse, que o noso sistema educativo ten que pasar por unha serie de reformas, que a educación é a que move o mundo, pois sen esas persoas que están preparadas, moitas das solucións e alternativas que estivemos vivindo estes días non a teríamos, e como profesionais que seremos neste ámbito é o noso deber defender unha igualdade educativa e reivindicar o noso papel, non só na educación formal, pois nestes momento tamén a cidadanía percatouse que non todo o importante está no colexio, se non todo o que se pode aprender na casa, axudando aos seus pais, formarnos como persoas. En conclusión, este momento pasará a historia, e o recordarémolo sen dúbida como un dos momentos máis complicados e duros sobre todo aquelas persoas que o tiveron máis difícil, pero tamén considero ou iso espero, que traia consigo cousas positivas como as nomeadas anteriormente, que traia grandes cambios.

Espero que vos gustara a entrada e estaría encantada de ver a vosa opinión sobre o tema!!
 
 
EcuRed (s.f.). Brecha digital. Recuperado de: https://www.ecured.cu/Brecha_digital

 

Sánchez,D. (2020, mayo 09). La brecha digital se ceba con la población gitana: cuando solo hay un móvil en casa, o trabaja el padre o estudia la hija. Eldiario.es. Recuperado de: https://www.eldiario.es/

 
    • Mar Gallego Fariña
      Mar Gallego Fariña

      Hola Lara, antetodo felicitarte por tu blog. Coincido mucho contigo en que este suceso que estamos viviendo debe traer consigo aprendizaje, la brecha digital es algo que lleva mucho tiempo presente, pero a lo que quizás no se le daba tanta importancia como realmente tenía, por lo nuestra labor como pedagogos es buscar subsanar y erradicar este tipo de situaciones.

      Un saludo!

      • Lara García Santamaría
        Lara García Santamaría

        Totalmente de acuerdo con tu comentario Mar

        Un saludo!