Blog.8. Educación aberta, coñecemento aberto, software libre...ou cerrado e propietario?

    Rocío Ramos Lamela
    Por Rocío Ramos Lamela

    Para dar comezo a este blog, imos explicar o concepto que temos por “aberto”. O “aberto” pode implicar diferentes significados, e en ocasións non queda a que nos estamos a referir cando falamos de “acceso aberto” ou de “coñecemento aberto”. En ocasións, con aberto entendemos como algo gratuíto, e en ocasións de libre, e creo que é necesario aclara se estes conceptos significan o mesmo ou non.

    Podemos entender a palabra aberto como unha forma de xenerosidade.

    Que entendemos entón por software libre? Co significado de “software libre” cando se equipara con software gratuito, a pesar de que, como recuerda Stallman, el “software libre” é unha cuestión de liberdade, non de prezo. Para entender mellor este conepto, debemos pensar na acepción de libre como en “liberdade de expresión”, e non como unha “barra libre de cerveza.”(Stallman, 2004,p59). De unha forma similar, cando se fala de coñecemento aberto en ocasións interprétase como coñecemento gratuíto sen que iso implique que se trate de coñecemento libre.  

    Por outra banda, podemos relacionalo co coñecemento aberto, que é o coñecemento aberto? É toda aquela información, creada por persoas e institucións, que é difundida de forma proactiva nun formato accesible. É precisamente este tipo de coñecemento ao que podemos ter acceso o que fomenta o noso aprendizaxe, xa que podemos acceder a información que outros publicaron para así nos poder ter acceso e poder enriquecernos dela, aprender e compartir dito coñecemento.

    Un exemplo de coñecemento aberto son as publicacións científicas, ás cales acedemos de maneira moi frecuente para aumentar o noso coñecemento sobre algún tema en concreto, e que grazas o coñecemento aberto, podemos ter acceso. O que é moi importante, e debemos ter en conta, é que estas publicacións se recoñeza o traballo do autor, de maneira que sempre se dea unha referencia a dita autora/o.

    Considero que é importante falar dos recursos educativos abertos, que son materiais en formato dixital que se ofrecen de maneira gratuíta e aberta para educadores, estudantes e autodidactas para o seu uso na ensinanza, tanto formal como non formal.

     

    Para finalizar e a modo de conclusión, debido a situación que estamos a vivir nestes momentos debemos darlle a importancia que merece todo o que nos ofrece internet e como poder aproveitalo grazas á existencia do software libre e recursos educativos abertos que nos permiten aprender de diferentes maneira e manternos entretidos.

     

     

    Referencias bibliográficas

    Sicilia, M.A. (2007). Más allá de los contenidos: compartiendo el diseño de los recursos educativos abiertos. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento, 4 (1), 26-35.

     

    TEDxNYED David Wiley (2010) recuperado de: https://www.youtube.com/watch?time_continue=18&v=vEyhhvRKCGw