Blog 9. Consecuencias da fenda dixital en épocas de confinamento polo COVID-19.

Tarefa 4

 

O confinamento provocado polo COVID-19 estanos mostrando unha realidade ante a cal moitos non eran conscientes ou non lles daban tanta importancia como agora: a fenda dixital.

 

Este tema está sendo dos máis comentados nestos días cando realmente xa é un problema que ven de antes, pero non tiña tanta relevancia debido a que as familias que non teñen acceso a internet nin a un ordenador podían facer as súas pesquisas en bibliotecas.

 

Millóns de persoas no mundo non teñen acceso a internet ou non poseen un ordenador ou dispositivo que lles permita seguir as clases online como aos demais. Concretamente, según o Instituto de Estadística da Unesco e a Unión Internacional de Telecomunicacións, son 826 millóns de persoas as que non teñen un ordenador e 706 millóns os que non teñen internet no seu fogar. 

 

Para paliar estes efectos, estanse creando subvencións de axudas mediante unha tarxeta con acceso a internet para que os máis desfavorecidos poidan contar con uns servizos mínimos que lles permitan seguir educándose telemáticamente. 

 

Outra solución que se dou dende o Goberno para intentar paliar a fenda dixital foi a de implementar clases a través dos canles de televisión pública (Clan TV e La 2) para os estudantes da Educación Obrigatoria.

 

Dende o meu punto de vista, esta última solución non garantiza que o alumnado se comprometa a ver eses canais xa que poden cambialo ou mesmo non facerlle caso e, ademáis, para os profesores é moi difícil de controlar o traballo que realicen os alumnos aso como avalialos, producíndose así unha fenda entre a conexión alumno-profesor.

 

Por iso, unha vez que todo isto remate, creo que se debería de facer balance e ver as necesidades e carencias que presenta o sistema educativo e invertir máis neste ámbito para lograr os propósitos que se pretendían coa competencia dixital.

 

Ademais, ter acceso a internet e ter un ordenador tampouco dá garantías de que esas persoas teñan as competencias necesarias para poder levar a cabo as tarefas mandadas.

 

Según ESdiario, realizouse unha enquisa nas escolas europeas sobre dotación de dispositivos TIC, onde se puido ver que menos da metados dos estudantes españois de secundaria usan un ordenador con fins educativos. Asimesmo, o 40% da xuventude non posee moito mais que as habilidades dixitais básicas, e un de cada seis non acada ningunha competencia relacionada coa informática. 

 

Todas esas carencias presentadas repercutirán negativamente no seu desenvolvemento académico, provocando así que sexa un lastre para o futuro emprego de millóns de adolescentes e para o seu desenvolvemento persoal.

 

Dende o meu punto de vista, implantar proxectos tecnolóxicos como o Proxecto Abalar están ben, pero habría que empezar por ensinarlles aos alumnos dende o máis básico e ir progresando cando se foran acadando as competencias requeridas xa que de nada serve ter unha aula con un ordenador para cada un se non saben utilizalos.

 

Referencias:

Gascón, M. (29 de Abril de 2020. Los efectos del coronavirus en la educación: la brecha digital ya deja atrás a millones de estudiantes. 20minutos. Recuperado de:https://www.20minutos.es/noticia/4241143/0/los-efectos-del-coronavirus-en-la-educacion-la-brecha-digital-ya-deja-atras-a-millones-de-estudiantes/

Cadena Ser. (25 de Marzo de 2020). Coronavirus: La docencia virtual saca a la luz la brecha digital en España. Cadena Ser. Recuperado de:https://cadenaser.com/programa/2020/03/25/hoy_por_hoy/1585130720_105096.html

ESdiario. (6 de Abril de 2020). El coronavirus ahonda en la brecha digital. ESdiario. Recuperado de:https://www.esdiario.com/568480285/El-coronavirus-ahonda-en-la-brecha-digital.html

 

    • Miriam Otero Aguete
      Miriam Otero Aguete

      Ola Iria! Como ben dis ó remate do teu blog, habería que empezar por ensinar ós alumnos e alumnas a empregar os recursos que se atopan á súa disposición, facéndoos competentes dixitalmente.

      Dende o meu punto de vista, educar na competencia dixital é a única forma na que podemos ter a certeza de que o uso que se fai destes recursos é axeitada, creativa e segura para os rapaces e rapazas que os empregan. Sobre todo hoxe en día, pois a fenda dixital non se atopa xa tanto na capacidade de acceso ós recursos como ordenadores, móbiles ou internet, mais si na competencia que é necesaria para empregalos. É por isto que tamén me parece moi acertado o teu comentario acerca da repercusión desta carencia no desenvolvemento académico, laboral e persoal, xa que actualmente a competencia dixital resulta imprescindible para todos os ámbitos da nosa vida. 

      Un saúdo!

    últimos comentarios