BLOG 9 (ACTIVIDADE 4). Que consecuencias ten a fenda dixital en épocas de confinamento por coronavirus?

Actualmente, existen innumerables definicións do concepto de “fenda dixital”; de entre tódalas as que lin a través de diversas fontes quedo coa seguinte:

“A fenda dixital defínese como a separación que existe entre as persoas (comunidades, estados, países…) que utilizan as Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) como unha parte rutineira da súa vida diaria e aquelas que non teñen acceso ás mesmas e que aínda que as teñan non saben como utilizalas” (Varela, ( s. f)). Estou de acordo con Vega Almeida [2007], en que a fenda dixital é un problema  multidimensional xa que, en realidade, é o resultado doutras brechas sociais que son produto doutras desigualdades: económicas, culturais, sociais, políticas, xeracionais, xeográficas e de xénero. 

Segundo a UNESCO  agora mesmo “hai 1.500 millóns de nenos en casa, confinados polo coronavirus. Aquí en España son case 10 millóns de alumnos de que levan, polo menos, tres semanas sen ir ao colexio, ao instituto ou á universidade”.  Seguindo a liña anterior, en 2020, a fenda dixital está a facer imposible que o alumnado das escolas ou universidades sigan aprendendo, sobre todo na época que estamos a vivir debido ao coronavirus xa que a causa do confinamento a educación volveuse remota.

Ultimamente estanse facendo uso das ferramentas dixitais sobre todo nestes dous últimos meses  polo que é evidente o repunte que tivo o uso das tecnoloxías dixitais tanto para o traballo telemático, como para as escolas ou a reunión dos líderes políticos virtualmente;  para facer fronte á educación en liña durante a pandemia están a recorrerse sobre todo  ás conferencias  online ou as aulas virtuais.

A educación en liña ten as súas vantaxes e inconvenientes como mencionamos nalgún que outro traballo de clase, pero sobre todo os inconvenientes agrávanse dunha forma máis abrupta para o colectivo de familias vulnerables que non teñen acceso Internet en casa porque non llo poden permitir economicamente ou mesmo un aparello electrónico que lles axude aos seus fillos/ as a seguir as clases de forma telemática.

Son moitos os exemplos que vemos na televisión ou na web de casos de familias vulnerables que se atopan nestes momentos afectadas pola fenda dixital hoxe máis que nunca.

- “Vivimos a fenda dixital cada día. Só temos un computador de mesa para as cinco”.

-“O seu fogar é un dos moitos que non poden permitirse pagar unha conexión a internet, nin tampouco ter un computador, e nos que a fenda dixital agrandará aínda máis o rumbo que a pobreza marca na aprendizaxe en pleno confinamento”.

-A súa filla maior, a de 8 anos, xa recibiu deberes da escola, pero non os puido entregar. "A única pantalla que temos en casa é a tele", resolve a nai. Mentres os seus compañeiros de clase si poden conectarse á rede e facer as tarefas que lles piden no cole,  Mariami non ten esa sorte.

Son moitas noticias como estas que están á orde do día; é importante mencionar que hai entidades como  Save de  Children que están a brindar de portátiles, tabletas e conexión a internet a 3.390 nenos en España que se atopan nun alto risco de exclusión social como é o caso dos exemplos mencionados anteriormente.  Ademais, as consecuencias de non poder seguir co curso desde casa pode ter as peores consecuencias a longo prazo como a repetición de curso ou o abandono escolar e que como sinala  Andrés Conde "A fenda dixital agrava a desigualdade nestas circunstancias, hai un factor de exclusión dixital que debemos abordar".

Con todo, reducir a fenda dixital é un obxectivo prioritario se se quere lograr que as novas tecnoloxías contribúan ao desenvolvemento e propicien a chamada sociedade do coñecemento. Por iso, créase o principio de solidariedade dixital, que supón que os Estados e outros protagonistas da sociedade da información adopten medidas concretas para reducir as desigualdades no acceso ás novas tecnoloxías. (Unesco, 2005: 36).

En definitiva,  é necesario a creación de políticas tanto educativas neste caso como de  caráter social ou  económico  capaces de cubrir e cumprir as necesidades da sociedade e sobre todo do alumnado máis desfavorecido para que poida ter as mesmas oportunidades que calquera outro/a dos seus iguais; por iso, esperamos que despois de ter en conta todos os casos que existen de desigualdades de calquera índole sexa motivo suficiente para cambiar toda esta situación de fronte ao futuro próximo.

Referencias bibliográficas:

UNESCO (2005). Hacia las sociedades del conocimiento. Informe Mundial. París: Unesco.

Bonal, X & González, S. (6 de abril, 2020). Confinamiento y efecto escuela. Elperiódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/opinion/20200406/efecto-coronavirus-desigualdad-escuelas-xavier-bonal-sheila-gonzalez-7919442

Corbatón, A. (2 de abril, 2020). La brecha digital educativa se agranda por el confinamiento. Cadenaser. Recuperado de: https://cadenaser.com/programa/2020/04/02/hora_25/1585854201_021818.html

García, M. (30 de marzo, 2020). El telecolegio acentúa la brecha económica “tengo un ordenador para cuatro hijas”. El confidencial. Recuperado de: https://www.elconfidencial.com/espana/2020-03-30/coronavirus-educacion-economia-desigualdad-tic_2523324/

Vallespín, I. (8 de abril, 2020). Educación detecta 55.000 familias sin ordenador o sin conexión para poder seguir las clases a distancia. El país. Recuperado de: https://elpais.com/espana/catalunya/2020-04-08/educacion-detecta-55000-familias-sin-ordenador-o-sin-conexion-para-poder-seguir-las-clases-a-distancia.html

Valera, J. (s.f).La brecha digital en España. UGT. Recuperado de: http://portal.ugt.org/Brecha_Digital/BRECHADIGITAL_WEB.pdf

Collel, E. (30 de marzo, 2020). Las clases 'on line' por el coronavirus lastran a los más pobres. El periódico. Recuperado de: https://www.elperiodico.com/es/sociedad/20200330/brecha-digital-aprendizaje-coronavirus-7904747

 

 

    • Nerea Saavedra Fernández
      Nerea Saavedra Fernández

      Ola Raquel!

      O teu blog pareceume moi interesante e vexo que te documentaches ben para a súa realización. Eu penso de igual modo que ti, vendo a situación que temos nestos momentos, deberíamos crear políticas públicas que diminuían a brecha dixital e as desigualdades de oportunidades que se producen na nosa sociedade, en vez de cada vez potenciales máis. Para levar isto acabo é necesaria unha remodelación do currículo escolar que abarca o noso sistema educativo, tratando de favorecer esta necesaria igualdade de oportunidades dunha vez por todas. 

      Grazas pola túa entrada e un saúdo!

      • Mencía Ponte Castiñeiras
        Mencía Ponte Castiñeiras

        Ola Raquel! 

        Gustoume moito o teu blog e creo que proporciona datos e exemplos que deixan moi clara a situación sobre a brecha dixital, agravada máis aínda ante a crise sanitaria actual. A brecha dixital vai ligada ao factor económico e social, polo que as familias máis vulnerables serán quen sufran máis este tipo de situacións. 

        Ante esta situación, como dis ti, será preciso modificar as políticas educativas e mudar a concepción do currículum actual, evitando que o abandono escolar aumente e que a alta taxa de repetición dos estudantes se reduza.  Quizais será necesario o establecemento de novas competencias, daquelas máis oportunas para a situación.

        Un saúdo!

         

        • Silvia Santos López
          Silvia Santos López

          Boas Raquel!

          Primeiramente, agradoume ler sobre a fenda dixital, xa que fai unhas semanas estaba investigando sobre iso debido a un artigo que lin na prensa, e logo traballei sobre iso nun traballo para a facultade. 

          Tendes razón ti, Nerea e Mencía en que a fenda dixital agrava actualmente a educación, nun momento no que a educación depende da tecnoloxía, e a inversión en ordenadores e tablets é imposible pola situación económica das familias. Ademais, se engadimos que as conexións a internet son mais precarias nas zonas rurais que nas zonas urbanas, existe outro factor mais, ¿non crees?. Falaríamos logo de factores económicos e xeográficos. Por outro lado, tamén están as dificultades de aprendizaxe, as ferramentas utilizadas non son inclusivas para todos os alumnos, engadimos outro factor, a diversidade. 

          A miña pregunta para as tres é, ¿creedes que a solución é que teñan un ordenador ou sería necesario contar con ferramentas e softwares educativos para poder realizar unha ensinanza-aprendizaxe online mais eficaz?

          Por outro lado, ¿creedes que os/as nenos/as, pais e docentes contan coa competencia dixital suficiente para utilizar os medios tecnolóxicos necesarios para unha ensinanza-aprendizaxe online?.

          Espero que o confinamento este sendo leve, 

          Un forte saúdo!