Blog 8. Os retos da tecnoloxía educativa.

Boas tardes a todas e a todos! Estos días pasados estiven dándolle voltas aos temas que non tratara anteriormente nas miñas entradas e me parecen relevantes de mencionar, e debo confesar que a maioría das entradas que publicamos a través desta rede social son sobre as diversas posibilidades e as facilidades que nos ofertan as tecnoloxías á educación a través de diversos recursos e ferramentas. Sen embargo, en menor medida parámonos a pensar sobre os retos que a propia educación lle pon diante as tecnoloxías dixitais. Deste modo, a miña entrada tratará de amosar os diferentes desafíos que a educación lle presenta a tecnoloxía educativa desde a perspectiva de diversos autores:

 

Segundo García, Peña-López, Johnson, Smith, Levine y Haywood (2010), algúns destes retos son os seguintes:

  • A formación docente para o uso de medios dixitais nos procesos de ensino-aprendizaxe segue sendo un desafío. A capacitación dos docentes desde unha perspectiva integral na que se incorpora o uso de recursos tecnolóxicos como parte inseparable da práctica da ensinanza-aprendizaxe é condición primeira para a incorporación significativa dos medios dixitais en tódolos niveis educativos. 

  • A xestión do cambio integral na educación superior debe entenderse desde un enfoque sistémico e transformador, que contribúa ao crecemento económico, ao desenvolvemento humano e á cohesión social. É necesaria unha redifinición do modelo educativo que comtemple novas formas de xerar, xestionar e transmitir coñecementos. 

  • A alfabetización dixital debe converterse nunha aptitude esencial da profesión docente. A pesar de que existe un consenso xeneralizado sobre a súa importancia, a formación en técnicas e aptitudes relacionadas co ámbito dixital segue sendo unha excepción nos programas de formación do profesorado. 

  • A formación dos estudantes no uso dos novos medios e linguaxes de comunicación audiovisual é un factor crítico. Cada vez faise máis necesario posuír coñecementos tecnolóxicos especializados para poder colaborar a escala global e ser capaces de comprender o contido e o deseño dos novos medios. 

  • O uso da tecnoloxía para un tratamento adecuado da información e a construción de coñecemento todavía é demasiado infrecuente. Non se trata soamente de incorporar ou non tecnoloxías, senón de poñer por diante as necesidades de comprensión dos estudantes e pensar novos modos complexos de traballar coa realidade á que nos enfrentamos, para ser capaces de construir coñecemento sobre a mesma. 

  • É necesaria unha adaptación das prácticas docentes ós requerimentos da sociedade dixital e do coñecemento. Os docentes foron formados como usuarios e non como líderes no deseño e a implementación do uso das tecnoloxías para propósitovs educativos. 

 

En definitiva, podemos apreciar que a metodoloxía da educación cambiou -búsqueda, análise e interpretación da información-, os e as docentes deben formarse no uso destas novas tecnoloxías e é necesario un cambio de paradigma no que o alumnado xa non se prepara para un mundo undustrial, senón para un mundo informático (Anónimo, 2020). 

 

O autor Manuel Area Moreira (2009) tamén nos plantexa retos da educación ante as novas tecnoloxías dixitais, sendo algúns deles moi similares aos xa mencionados previamente: 

  • Integrar as novas tecnoloxías no sistema e cultura escolar. 

  • Reestruturar os fins e métodos de ensinanza. Novos roles para docentes e alumnos. 

  • Extender a formación a través de redes de ordenadores: a teleformación. 

  • Revisar e replantexar a formación ocupacional á luz das novas esixencias sociolaborais impulsadas polas novas tecnoloxías. 

  • Desenvolver accións de adecación no formal: a alfabetización tecnolóxica para o desenvolvemento social e comunitario. 

 

Así, vemos como existen unha gran catidade de retos para a tecnoloxía educativa na actualidade, retos que se forman por motivo den non ofrecer unha educación de calidade completa. O sistema educativo é quen debe poñerlle fin a estes retos tratando de abastecelos e modificar os aspectos do currículo escolar que sexan necesarios para formentar esta educación de calidade. Deste modo, cales poden ser algunhas das ideas que pode levar a cabo o sistema educativo para solucionar estos retos?

 

Bartolomé (1999) menciona algunhas ideas como traballar arredor do medio a o seu linguaxe, unha formulación aberta e flexible que prepare ós alumnos para unha formación continuada, o desenvolvemento de mecanismos para esa mesma formación continuada, a colaboración interuniversitaria, o carácter investigador da actividade docente, a integración dos estudantes como investigadores nun proceso colectivo de busca e descubrimento, centrar a formación nun entorno de experiencias e na práctica á que serve a teoría, …

 

Para finalizar quero deixar a seguinte cuestión: que outras solucións atopades a estes retos da tecnoloxía no ámbito educativo? Leo os vosos comentarios!

 

 

Referencias bibliográficas:

 

Anónimo. (2020). Tecnología en la educación: recursos innovadores para mejorar la calidad educativa. Recuperado de: https://rockcontent.com/es/blog/tecnologia-en-la-educacion/

 

Area Moreira, M. (2009). Introducción a la Tecnología Educativa. España: Universidad de La Laguna. Recuperado de: https://campusvirtual.ull.es/ocw/file.php/4/ebookte.pdf

 

Bartolomé, A. (1999). Tecnologías de la Información y la Comunicación. Un reto formativo. Educar, 25, pp. 11-20. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=82317

 

García, I. Peña-López, I; Johnson, L., Smith, R., Levine, A., & Haywood, K. (2010). Informe Horizon: Edición Iberoamericana 2010. Austin, Texas: The New Media Consortium. Recuperado de: http://openaccess.uoc.edu/webapps/o2/bitstream/10609/2661/6/NMC_HorizonReport_IB_2010_def.pdf

 
 
    • Alba Moreira
      Alba Moreira

      Ola, Nerea!

      Paréceme un blog moi interesante, xa que tes razón en que parámonos a pensar, polo xeral, nas posibilidades das tecnoloxías, pero poucas veces nos seus retos, o que creo que é caer nun profundo erro xa que, se non sabemos os desafíos que temos por diante, o proceso de evolución será máis lento e menos efectivo. 

      Eu quería plantexarche unha pregunta: cales son para ti, a partir do que levamos aprendido na materia, os retos clave que plantexan as novas tecnoloxías na educación?

      Noraboa polo blog, unha aperta!

      Nerea Saavedra Fernández

      Nerea Saavedra Fernández

      Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC

      últimos comentarios