Blog 9. Reflexión sobre o meu proceso de aprendizaxe arredor da materia de Tecnoloxía Educativa.

Tal e como indico no título deste blog, gustaríame realizar unha breve reflexión sobre o meu proceso de ensino-aprendizaxe nesta asignatura, xa que a materia deuse por “rematada” o pasado martes 12 de maio na sesión expositiva que tivemos e me parece unha boa forma de concluir os meus blogs (en principio, a non ser que se me presente outra oportunidade de escribir sobre un tema que me pareza relevante comentar por aquí). 

 

A miña primeira impresión cando na primeira clase se nos indicou que todos e todas tiñamos que realizar un e-portfolios a través da rede social de Stellae publicando blogs semanais foi de preocupación sinceramente, xa que non me consideraba unha persoa que se manexa moi ben tecnolóxicamente e me creaba inseguridade pensar que todos e todas íamos ler os blogs dos/as demáis a ter que realizar comentarios nestes -pois o máis cerca que estiven na miña vida de escribir un blog foi nunha actividade da materia de Tecnoloxía en 2º de E.S.O. na que tiñamos que realizar un blog con entradas que contiñan cidades do mundo que nos gustaban-. Non obstante, co tempo foime parecendo unha metodoloxía moi innovadora, dinámica e acertada para a materia que era, pois que mellor que aprender sobre a tecnoloxía es os usos educativos que ésta pode ter, poñéndolo en práctica a través dunha rede social con este fin. Asemade, a rede social tamén axudounos a establecer interaccións con persoas de toda a clase, xa que ao ter que comentarnos nas entradas que subiamos, convertíase noutra forma de aprender dos nosos compañeiros e as nosas compañeiras puidendo ver e ler sobre os seus temas de interese e opinións sobre os diversos aspectos relacionados coa tecnoloxía educativa. 

 

Ademais de Stellae, que era donde se centrou a parte central da materia, os contidos tratados nas sesión expositivas fixéronme darme de conta de que non coñecía casa nada sobre as TIC e todo o que abarca, pois tiña uns coñecementos moi superficiais sobre os temas, e grazas a os contidos agora somos moito máis competentes dixitalmente. Tamén houbo outras actividades que favoreceron esta competencia, como a realización do vídeo -a través do cal aprendemos como executalo de forma exitosa cos seus planos, secuencias, etc. e sobre as áreas que conforman a competencia dixital- e o proxecto curricular, que nos fixo plantexarnos como futuros pedagogos e futuras pedagogas que somos, como consideramos que debería ser un currículo educativo do século XXI. 

 

Outras das circunstancias que ocorreron ao longo da materia foi o ter que realizala de forma completamente virtual por mor do confinamento. Non obstante, non se viu moi afectada na súa adaptación, xa que o método de avaliación era xa de forma dixital a través do noso e-portfolio e a nosa actividade na rede social. 

 

Para finalizar, gustaríame destacar que a forma en que está plantexada a materia potenciando o aprendizaxe autónomo de cada un/unha foi moi positivo no meu caso e, en comparación a como cheguei a esta materia, agora considero que sei moito máis do área da tecnoloxía na educación, aínda que me quedan moitas cousas por aprender para poder exercer o perfil de pedagoga neste ámbito e potenciar así o meu aprendizaxe continuo. 

 
    Nerea Saavedra Fernández

    Nerea Saavedra Fernández

    Estudiante de 3º de Pedagogía en la USC

    últimos comentarios