Brecha Dixital en épocas de confinamento

    Irene Pais

     

    De novo, unha vez mais, un saúdo a todas e a todos! O motivo desta entrada garda relación coa pregunta que se nos propuxo sobre: Que consecuencias ten a brecha dixital en épocas de confinamento por coronavirus?

     

    Se ben é certo que, dende que se decretou o estado de alarma no mes de marzo, vivimos en confinamento, este non é a causa da brecha dixital, senón un agravante máis.

     

    Tal e como aclara Camacho (2005), as brechas dixitais están dadas polas posibilidades ou dificultades que teñen os grupos sociais de aproveitar colectivamente as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).

     

    Facendo memoria, é preciso recordar que dende o ano 2006, coa integración da Lei Orgánica de Educación (LOE), en España inclúese por primeira vez no currículo das ensinanzas obrigatorias o “Tratamento da información e competencia dixital” que se manterá, con algunha reformulación, coa Lei Orgánica da Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). (Martínez, Gewerc, e Rodríguez, 2019)

     

    Precisábase dunha actuación coordinada e coherente entre escola e familia para o correcto desenvolvemento da competencia dixital. Sen embargo, ao levarse a cabo un plan xeral para todo o alumnado, sen ter en conta a realidade particular de cada alumno xunto coa excesiva ratio por aula e a diferencia entre niveis de desenvolvemento competencial do alumnado (Fraga, Vila e Pernas, 2019), desencadenouse que, como podemos aprezar a día de hoxe, ditas competencias en materia dixital, non foran desenvoltas de forma adecuada ou, canto menos, suficiente.

     

    En moitas ocasións, e tomando de referencia a Gewerc e Martínez (2019), no ámbito familiar xustifican que se incorporen as TICs incluso sendo conscientes de que as nenas e nenos as empregarán como ferramenta para xogar e non como axuda ao estudo ou á realización dos deberes levando a non ser conscientes da gran relevancia que estas teñen. 

     

    Facendo alusión á pregunta formulada ao comezo desta entrada, considero que a brecha dixital, se ben xa era un tema de preocupación anteriormente, tendo en conta a situación actual, agravase aínda máis. Existen diversos tipos de brechas dixitais, tal e como explica Alva (2015):

     

    • Brecha dixital de aceso. Basease na diferenza entre as persoas que poden acceder ás TICs e as que non.

    • Brecha dixital de uso. A partir de quen saben utilizar as TICs e quen non.

    • Brecha de calidade de uso. Centrada nas desemexanzas entre os propios usuarios.

     

    Actualmente, calquer tipo delas, resulta un gran agravante á hora de tratar de desenvolver actividades lectivas valorando a situación que estamos a vivir, onde as TICs pasaron a ser a ferramenta fundamental para poder desenvolver o noso traballo.


     

    Para rematar e citando a Martínez, Gewerc, e Rodríguez (2019), as tecnoloías dixitais están consideradas como un medio fundamental para superar as necesidades e fortalecer os dereitos dos cidadáns. Non obstante, o erroneo desenvolvemento das mesmas acabou xerando unha brecha dixital, levando a ser considerada a nova expresión de desigualdade no século XXI (Alva, 2015), moi patente na situación actual.

     

    E a vós, resúltavos familiar algún dos tipos de brechas dixitais mencionados? Credes que a partir de agora se tomará máis en conta a competencia dixital? 

     

    Desexo vos resultase de interese e agardo os vosos comentarios!

     

    Alva, R. A. (2015). Los nuevos rostros de la desigualdad en el siglo XXI: la brecha digital. Revista mexicana de ciencias políticas y sociales, 60(223), 265-285. Recuperado de: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0185191815721380

     

    Camacho, K. (2005). La brecha digital. Palabras en juego: enfoques multiculturales sobre las sociedades de la información, 61-71. Recuperado de: https://analfatecnicos.net/archivos/96.LaBrechaDigital-PalabrasEnJuego-KenlyCamacho.pdf

     

    Fraga-Varela, F., Vila-Couñago, E. y Pernas-Morado, E. (2019). Aprendizajes ausentes en la Competencia Digital de preadolescentes: un estudio de casos pertenecientes a contextos socioculturales desfavorables. RED. Revista Educación a Distancia, 61. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/red/61/04 

     

    Gewerc, A., & Martínez-Piñeiro, E. (2019). Competencia digital y preadolescencia. Los desafíos de la e-inclusión.

     

    Martínez-Piñeiro, E., Gewerc, A. y Rodríguez-Groba, A. (2019). Nivel de competencia digital del alumnado de educación primaria en Galicia. La influencia sociofamiliar. RED. Revista de Educación a Distancia, 61. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/red/61/01

     
     
      • Adela Abeijón Villanueva
        Adela Abeijón Villanueva

        Buenos días Irene. La verdad es que por desgracia si que conozco los distintos tipos de brecha digital por personas cercanas a mi que lo están viviendo.
        - La brecha digital de acceso: una de mis primas no tiene ordenador y viene con frecuencia ahora que se puede a hacer trabajos a mi casa pero hasta ahora los hacia desde el móvil. Además ella acudía a cruz roja donde tenia a su disposición ordenadores para hacer trabajos pero al estar cerrada no tenia otra opción que el móvil.
        - La brecha digital de uso: por ejemplo mis padres en muchas ocasiones me piden ayuda, ya que ambos teletrabajan, y no tenían la formación debida para hacerlo.
        - La brecha digital de calidad de uso: muchas personas tienen problemas en su conexión o en el acceso a diversos recursos digitales. Por ejemplo, yo comparto un ordenador con mis padres y cada uno tenemos nuestros horarios. En ocasiones coincidimos y es un verdadero fastidio.
        En conclusión, la brecha digital está muy presente a día de hoy y está provocando una brecha educacional por estas desigualdades y ojalá puedan solucionarse para continuar el siguiente curso escolar de mejor forma que este.
        Gracias por tu blog.

      últimos comentarios