Proxecto Smartbus

Hoxe veño a falar sobre un proxecto chamado Smartbus, o cal trata o tema do uso excesivo das novas tecnoloxías da sociedade, concretamente dos máis pequenos e pequenas. Relacionando o tema un pouco co meu primeiro blog, no que falei sobre o cambio curricular debido á nova cultura na que levamos anos mergullándonos. Nenos e nenas están manexando habitualmente e a diario ferramentas dixitais como móbiles, tablets ou ordenadores, dende edades moi temparanas. Este feito supón moitos beneficios e ventaxas, pero tamén un alto risco debido ao pouco coñecemento e á falta de crítica e razoamento á hora de usar ditos instrumentos. A sociedade tecnolóxica na que nos estamos convertindo demanda diversas habilidades e competencias que moita xente descoñece, non só nenos e nenas, senón tamén docentes e pais. 

Por este motivo, gustaríame achegarvos un proxecto de 2013, que trata de fomentar entre os máis xóvenes a necesidade de usar as TIC dun modo seguro e responsable, ensinando cales son os riscos aos que un se pode enfrontar cando se fai uso das redes sociais e de internet en xeral. Esta iniciativa foi creada pola multinacional tecnolóxica Huawei e impulsada gracias á axuda e poio da Secretaría do Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, a través de Red.es. Cabe mencionar que este proxecto naceu un ano antes pero baixo outra estratexia denominada “Creando oportunidades a través da educación”, na que a multinacional tratou de fomentar e impulsar o crecemento tecnolóxico nas futuras xeracións a través da colaboración entre diversas institucións académicas.

 

Baixo o lema “Comparte sen riscos”, a experiencia chega a decenas de colexios de todo España, na que miles de xóvenes participan. O desenvolvemento levouse a cabo nun autobús, o cal se convirteu nunha Aula móbil educativa habilitada como unha innovadora clase escolar. Dentro de este espazo, nenos e nenas contaban con intrumentos e medios tecnolóxicos modernos, audiovisuais e interactivos. As sesións que se levaron a cabo foron de 50 minutos e trataron de actividades e accións sensibilizadoras a través de vídeos, aplicacións multimedia, interacción táctil e moitas outras, baseadas en dinámicas pedagóxicas dándolle protagonismo aos usuarios mediante a participación activa dos mesmos. 

 

Con este proxecto, os obxectivos que profesonais da educación e das novas tecnoloxías lograron, foron facer entender e coñecer o por qué dun uso crítico e consciente das TIC, así como o uso responsable das plataformas sociais. Facendo aos máis pequenos conscientes de que a pesar de estar detrás dunha pantalla, o seu uso segue sendo parte da nosa realidade, polo que as consecuencias e os riscos de todo o que se faga nas mesmas, son reais. Ademais, o proxecto tamén foi de proveitamento para pais e nais e docentes, xa que se deu a coñecer os perigos que existen no mundo virtual e as explicacións de como afrontar os mesmos. 

 

Por último, cabe destacar tamén a creación dunha aplicación chamada Detective Privado, na que se informa de situacións comúns perigosas como pode ser a publicación de información privada.

 

Webgrafía:

 

 
    • Nahikari
      Nahikari

      ¡Buenos días Natalia!

      Primero de todo, felicidades por tu blog. Yo la verdad que cada día me sorprendo más cuando veo a niños y niñas con un año y medio dos utilizando móviles y entrando en aplicaciones que apenas yo sé utilizar. Debo reconocer que no me gusta nada presenciar este tipo de situaciones ya que no me parece lo más correcto, considero que cada edad tiene sus cosas y vivencias positivas y especiales, pero esta no es una de ellas. Me gustó saber acerca de este proyecto ya que todos, no solo los niños y niñas, debemos aprender a hacer un buen uso de las TIC y sacar su mayor provecho. 

      Un saludo. 

      • Adela Abeijón Villanueva
        Adela Abeijón Villanueva

        Buenos días Natalia.
        La verdad es que desconocía totalmente este proyecto pero me parece una iniciativa muy Interesante. Creo que, como dice mi compañera Nahikari, cada etapa del desarrollo y cada edad tiene sus cosas y que se debería estimular a los niños y niñas desde edades más tempranas pero no solo en las tecnologías sino en otro tipo de entretenimientos. Creo que todos debemos aprender a hacer un buen uso de las TIC y sacarle el mayor partido posible.
        Gracias por tu Blog.

        • Diego Cerviño Cerviño
          Diego Cerviño Cerviño

          Boas Natalia!

          Descoñecía totalmente este proyecto levado a cabo por Huawei, pero cabe decir que é moi interesante. Está claro que a maioría de crianzas dos nosos tempos poden chegar a botar horas e horas diante dunha pantalla,, e isto ten ventaxas pero tamén moitos inconvintes. A verdade, inciativas deste estilo que potencian o uso responsable das novas tecnoloxías e a competencia dixital, sempre son interesantes e benvidas. Queda moito por facer.

          Parabéns pola túa entrada!