Actividade 4. Que consecuencias ten a brecha dixital en épocas de confinamento por coronavirus?

    Rocío Ramos Lamela
    Por Rocío Ramos Lamela

    Coa chegada do COVID-19 produciuse un cambio en todos os niveis do sistema educativo, pasamos de ter clases presenciais a clases online. Como consecuencia o profesorado tivo que optar por outros medios para seguir levando a cabo as clases, a maioría optou por facer uso de plataformas como por exemplo Team, o que provocou  desvantaxes entre os alumnos, xa que non todos posúen de ordenador ou de acceso a internet.

    Para seguir  falando da brecha dixital no confinamento debemos deixar claro o que é a brecha dixital, pois ben, a brecha dixital fai referencia ás desigualdades entre as persoas que poden ter aceso o coñecemento en relación ás novas tecnoloxías e as que non. Estas desigualdades prodúcense tanto no aceso a equipamentos, como na utilización e a comprensión das que xa se encontrar o noso alcance.

    A brecha dixital non só se refire o acceso ás TIC, senón tamén ao acceso a ela, en este sentido implica:

    • Infraestrutura: debe existir unha infraestrutura de telecomunicación e redes.
    • Accesibilidade: debe existir a posibilidade de accedes aos servizos que ofrece a tecnoloxía.
    • Formación: posuír habilidades e coñecementos para facer uso das tecnoloxías.

    Que factores inflúen para ter acceso ás TIC? Os ingresos, o xénero, a idade, a infraestrutura da formación e a xeografía afecta ao número de fogares conectados e ao uso da poboación fai de internet, parámetros cos que se mide a brecha dixital.

    As principais razóns que explican a desigualdade na conexión a internet están relacionadas coa falta de recursos económicos: moitos países e rexións non dispoñen de unha infraestrutura de telecomunicacións adecuada, como acontece nas maioría das zonas rurais.

    Sen embargo, tamén é importante inverter na formación do persoal cualificado que poida xestionar esta infraestrutura, facer funcionar os equipos das novas tecnoloxías e, sobre todo, transmitir este coñecemento e habilidades tecnolóxicas a outras persoas.  

     

    Referencias bibliográficas:

    Coachtec. (01/03/2013). ¿Qué es la brecha digital? [Mensaje en un blog]. Coaching Tecnológico. Formación en tecnología, redes sociales y marca personal. Recuperado de: https://www.coaching-tecnologico.com/que-es-la-brecha-digital/ 

    Gascón, M. (29 de abril de 2020). Los efectos del coronavirus en la educación: la brecha digital ya deja atrás a millones de estudiantes. 20 minutos. Recuperado de https://www.20minutos.es/noticia/4241143/0/los-efectos-del-coronavirus-en-la-educacion-la-brecha-digital-ya-deja-atras-a-millones-de-estudiantes/