Blog 6. Importancia da autoorganización en tempos de confinamento.

Dende o mes de marzo estase vivindo unha situación de confinamento debido á crise ocasionada polo Covid-19. Debido a esta situación, remarcouse a importancia dos coidados, tanto os que precisa un mesmo como os que se lles debe dar a aquelas persoas que nos rodean.

Máis alá dos efectos directos que ocasiona o Covid-19 na saúde das persoas, cabe ter en conta tamén os efectos indirectos resultantes da corentena, como poden ser as afeccións tanto psicolóxicas como físicas derivadas do confinamento nos fogares.

A saúde mental abarca ao benestar emocional, psicolóxico e social das persoas. Trátase da forma en que pensamos, sentimos e actuamos nas diversas situacións da vida. E son moitos os factores que poden afectar ao equilibrio desta, dende enfermidades ata medidas adoptadas en certas situacións, como a situación excepcional que se está a vivir.

Algúns dos factores que máis afecta psicoloxicamente á saúde das persoas nestes días son a ansiedade e o estrés, posto que estes se ven incrementados polo confinamento. Estes acrecéntanse nesta situación por diversos motivos, pero entre eles destaca o problema da falta de autoorganización, no cal se centrará este blog.

Debido a pasar todo o día confinados no fogar, é moi doado perder a noción do tempo e malgastalo en tarefas improdutivas. Por iso é importante ter presente en todo momento unha boa autoorganización que nos axude a evitar a procrastinación das responsabilidades.

A autoorganización non só axuda a aliviar a ansiedade e evitar a procrastinación, senón que tamén axuda a reducir o estrés, xa que coa organización se establece unha orde de prioridade das responsabilidades, reducindo así a saturación de tarefas a realizar.

Son moitas as fontes que nestes días se centran en darlle á sociedade recomendacións e indicacións a seguir para favorecer o coidado da saúde persoal. A maioría de ditas fontes coinciden nos seguintes puntos para evitar o esgotamento psicolóxico:

  • Establecer horarios. Seguir uns horarios preestablecidos de maneira dilixente axuda a manter a mente sempre activa e evitar a procrastinación e a conseguinte acumulación de tarefas.

  • Aproveitar a luz solar. Son moitos estudos os que demostraron que estar activos durante o día, é dicir, aproveitar a luz natural para traballar, axuda a combater efectos negativos como a ansiedade ou os baixóns de ánimo.

  • Realizar exercicio. Estirar, moverse e facer exercicio con certa periodicidade no fogar, aínda que non sexa a diario, mitiga a ansiedade, non só a corto prazo senón tamén ao longo prazo.

  • Practicar meditación. A meditación axuda a manter un punto de vista obxectivo e construtivo ante a crise dada.

(Avance psicólogos, 2020).

 

A crise derivada do Covid-19 xerou moitas afeccións, a gran maioría de forma indirecta; é dicir, derivadas da situación de confinamento. Estas afeccións preséntanse como cambios no estado emocional e comportamental das persoas.

Unha investigación realizada por docentes da Universidade Miguel Hernández (Prensa, 2020), a pais de menores de nacionalidade española e italiana valora que os cambios máis comúns nas nenas e nenos son:

  • Dificultades de concentración.

  • Sentimento de aborrecemento.

  • Inquietude.

  • Nerviosismo

  • Irritabilidade.

  • Intranquilidade.

  • Problemas de comportamento.

  • Aumento da desgana/tristeza.

  • Ansiedade.

  • Dificultades para durmir.

Segundo un estudo da Universidade Complutense de Madrid, aquelas persoas que sentiron ter pouco interese ou pracer na realización de tarefas, sentíronse decaídas, deprimidas, desganadas,... durante varios días. Sentíndose ansiosas, nerviosas e angustiadas, por non ser capaces de controlar as preocupacións.

As persoas con idade comprendida entre os 18 e os 39 anos son as que presentan unha maior ansiedade e depresión, ao igual que un maior sentimento de soidade (Prensa, 2020).

Así pois, a importancia dos coidados persoais, tarefas antes invisibilizadas, sae a relucir durante a crise do Covid-19.

A autoorganización enténdese como a capacidade de cada individuo para establecer unha orde e coordinación de diferentes procesos e/ou funcións, que permiten dirixir a propia conduta. Non se trata precisamente dunha capacidade mental como o é a intelixencia, senón que é un proceso psicolóxico autodirixido, mediante o cal se selecciona de forma estratéxica uns pasos a seguir para o desenvolvemento dunha ou de varias tarefas (Wikipedia, 2020).

O emprego da autoorganización permite: identificar a motivación do individuo, planificar previamente o tempo, automonitorearse, autoestimularse, desenvolver/fomentar a vontade, organizar o espazo,...

A persoa asume perfectamente o control cando:

  1. Formula e/ou asume metas concretas, próximas a acadar e realistas.
  2. Observa o desenvolvemento das tarefas, empregando se é preciso algún sistema de rexistro (físico como unha axenda, ou dixital como algunha aplicación).
  3. Realiza un proceso avaliativo de forma crítica.
  4. Axusta a súa actuación equiparando a demanda da meta e a actuación real desenvolvida.

Así pois, eu para axudarme na miña propia autoorganización nestes días, válome dunha axenda e dun calendario onde anoto o que me propoño facer cada día, así como o tempo que lle dedico a realizar cada tarefa e o que realmente realizo de todo o que me propoño facer.

En ocasións tamén me valgo dalgunhas aplicacións para rexistrar o tempo de estudo ou ver o listado de traballos a realizar. Algunhas destes recursos que máis emprego son:

Forest.

Trátase dunha aplicación que axuda ao usuario a centrarse nas tarefas que ten que realizar, “bloqueando” o uso doutras aplicacións no móbil ou ordenador.

Mentres a aplicación contabiliza o tempo que se dedica á realización da tarefa que se propoña cada un, “crece” unha árbore, e abandonar a aplicación antes da finalización da sesión de traballo, “mata” a árbore.

Esta aplicación tamén permite ver graficamente o resultado do proceso de estudo, xa que o tempo dedicado queda rexistrado, mediante árbores que crean bosque, segundo ás horas dedicadas ao traballo.

Esta aplicación conta coa asociación cunha organización denominada Árbores para o futuro, que planta árbores reais; pois cando os usuarios da aplicación gastan as moedas virtuais que obteñen na aplicación, o equipo de Forest dona e crea ordes de plantación (Forestapp, s.f.)

Microsoft To do.

Trátase dunha aplicación de planificación diaria. Nela pódese escribir as diferentes tarefas que se ten que realizar, a curto e a longo prazo, e conforme se van realizando, estas pódense marcar como completadas.

A aplicación permite agregar as datas de vencemento das tarefas e definir avisos para levar o seguimento destas.

Trátase dunha app gratuíta dispoñible para dispositivos móbiles e ordenadores, permitindo a sincronización entre diversos dispositivos, posto que a conta do usuario nesta app se atopa enlazada a un e-correo (Microsoft To Do, s.f.).

 

A continuación anímovos a compartir nos comentarios algunhas das aplicacións que soedes empregar nestes días para a autoorganización do voso traballo, tempo de ocio, deporte, etc.

 

Referencias bibliográficas:

Avance psicólogos. (2020, marzo 25). Problemas de ansiedade polo confinamento ante o coronavirus. [Entrada de blog]. Recuperado de: https://www.avancepsicologos.com/problemas-de-ansiedad-por-el-confinamiento-ante-el-coronavirus

Forestapp. (s.f.). Forest. Stay focused, be present. Recuperado de: https://www.forestapp.cc/ 

Microsoft To Do. (s.f.). Microsoft To Do. Recuperado de: https://todo.microsoft.com/tasks/es-es/

Prensa. (2020). ¿Cuáles son los principales problemas emocionales en los chicos por el confinamiento? [Entrada de blog: Exito educativo]. Recuperado de: https://exitoeducativo.net/cuales-son-los-principales-problemas-emocionales-en-los-chicos-por-el-confinamiento/

Wikipedia. (2020, maio 5). Autoorganización. Recuperado de: https://es.wikipedia.org/wiki/Autoorganizaci%C3%B3n#Autoorganizaci%C3%B3n_o_autoregulaci%C3%B3n_en_el_aprendizaje

 

    • Estefanía González Montes
      Estefanía González Montes

      ¡Hola Yoly! La verdad es que tu blog me ha parecido super interesante. En esta época de confinamiento el estrés y la incertidumbre me ha hecho ser bastante desordenada y descentrada con mis objetivos y tareas, siendo los recordatorios del calendario la única aplicación que utilizaba para ayudarme. En cuanto a ocio, he usado apps de cine y series y también he probado la meditación.

      Me han encantado tus propuestas para intentar mantener la concentración, 'Forest' seria genial para mi, porque muchas veces me dejo llevar por el entorno digital de mis dispositivos  descentrándome de mis deberes. ¡Gracias por la recomendación!

      Un abrazo virtual 

       

      • Yoly R. Guerra
        Yoly R. Guerra

        Gracias a ti, Estefanía, por ler o meu blog e tomarte un tempo para comentalo.

        A verdade é que considero que ter unha boa autoorganización nestes días é algo moi importante, pero tamén complicado, porque por moito que te planifiques as tarefas a realizar, non sabes como se te presentará o día. Igual se ten un día moi produtivo ou todo o contrario. Despois de tantos días de confinamento, a incerteza é o único que temos claro.

        E a autoorganización non ten por que estar orientada só cara a realización de traballos. O que mecionas ti sobre a meditación paréceme moi importante, xa que axuda a lograr un equilibrio mental e emocional moi necesario para enfrontar unha situación como a que se está a vivir.

        Moito ánimo co que queda. Un saúdo

        Yoly R. Guerra

        Yoly R. Guerra

        23 anos. Estudante do 3º curso de Pedagoxía na USC.

        últimos comentarios