BLOG 7: Proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas. ¿Ten sentido que se invista o diñeiro dos contribuíntes niso?

Nesta sétima entrada, gustaríame reflexionar sobre as políticas educativas e os diferentes proxectos que existen no noso país e comunidade en relación a integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) nas institucións educativas e si realmente ten sentido e importancia que se invista o diñeiro dos contribuíntes niso. Por outra banda, tamén farei unha pequena aportación persoal sobre como vivín a integración das TIC no meu proceso de aprendizaxe durante a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Para comezar, debemos ter presente que a tecnoloxía forma parte da nosa vida, xa que é empregada para levar a cabo ou axudar a levar a cabo, practicamente, case de todas as actividades do noso día a día. Polo que, a tecnoloxía podemos atopala en calquera ámbito de aprendizaxe e coñecemento. Como futuras/os pedagogas/os, é preciso ter en conta o ámbito educativo, polo que debemos saber que o correcto e adecuado uso das novas tecnoloxías pode favorecer tanto os procesos de ensino-aprendizaxe, como tamén a planificación, organización e administración do centro educativo. Debido a demanda e a utilización das TIC na sociedade, xorden, a comezos do século XXI, novos proxectos, como é o caso do Plan Info XXI: La sociedad de la Inform@ción para todos (2000-2003), co obxectivo de introducir o uso das novas tecnoloxías nos diferentes contextos de carácter público, como son o ámbito da sanidade, educación e administración. Pero tras a aplicación de dito plan, comprobouse que moitos dos seus proxectos non se levaban a cabo e outros non funcionaban como se pretendía, polo que se decidiu seguir o exemplo de outros países, como neste caso Lisboa. Nós, como profesionais da educación, debemos centrarnos no ámbito da educación e do ensino, polo que, a nivel estatal destacan propostas para a introdución das TIC nos diferentes centros e institucións educativas, como por exemplo o programa Internet en el aula no ano 2005 ou o Plan Avanza 2 no ano 2011, mediante os cales se pretende investir unha gran cantidade de diñeiro para a introdución de recursos tecnolóxicos nas aulas que lles permitan aos docentes e ao alumnado levar a cabo un sistema de ensinanza innovador e moderno mediante a utilización das novas tecnoloxías, polo que deste último, nace o proxecto Escuela 2.0, o cal destaca pola metodoloxía de un ordenador por alumno/a. No caso da nosa Comunidade Autónoma, Galicia, podemos destacar como proxecto fundamental e característico para a introdución das TIC no ámbito educativo, o Proxecto Abalar, o seu obxectivo primordial é o de aproveitar ao máximo os recursos tecnolóxicos que xa temos, pero tamén incrementalos, de xeito que se produza un cambio no modelo educativo, tendo en conta a formación do profesorado e a innovación e modernización da ensinanza para así proporcionar unha mellora das competencias a nosa sociedade. 

Tras este percorrido polos diferentes plans e proxectos propostos polas políticas do noso país, e da nosa comunidade, gustaríame destacar varios factores que afectan e interrompen a posta en marcha de ditas políticas, polo que os seus resultados non son os esperados. Por un lado, en canto ao deseño das políticas, cabe destacar a falta de realidade das mesmas, xa que existen gran variedade e diversidade en relación a centros docentes, cada un posúe as súas propias características, situacións e circunstancias, que normalmente non son tidas en conta a hora de deseñar ditas políticas, polo que a hora de desenvolvelas, podemos atoparnos con obstáculos como por exemplo, a falta de recursos e de formación docente, xa que non todos os centros posúen a mesma atención e financiación por parte da Administración Pública. Outro dos factores que é preciso ter en conta, como mencionamos no punto anterior, é a falta de recursos, tanto do centro, como do alumnado, xa que se trata dunha realidade a que moitas familias na nosa sociedade teñen que facer fronte. No caso das novas tecnoloxías, a brecha dixital está presente en moitas ocasións nos centros educativos, provocando unha desigualdade entre o alumnado e o profesorado, tanto a nivel de aprendizaxe como de oportunidades. Por último, a formación docente debe ser un dos aspectos fundamentais a ter en conta na integracións das TIC na aula, xa que se o/a profesor/a non ten un bo manexo das mesmas, non poderá sacarlle o máximo partido, nin coñecerá os diferentes xeitos de empregala como unha metodoloxía de traballo e aprendizaxe na aula.

En conclusión, a miña experiencia durante a etapa da Educación Secundaria Obrigatoria coas TIC foi un primeiro contacto coas mesmas, xa que foi a primeira vez que comecei a empregalas como medio de aprendizaxe, pero a pesar de que en cada aula había un ordenador, e dicir, un ordenador por docente, a maioría deles empregaban como forma de ensino unha metodoloxía tradicional a través de lectura de libros, ditados, exercicios, etc., polo que os recursos non eran empregados de xeito adecuado e proveitoso. Sen embargo, había certas materias, como era o caso de informática, que se desenvolvían en aulas que contaban con ordenadores para cada alumno/a, e en ocasións, noutras materias tamén acudíamos a elas para realizar actividades online. Moitos recursos non se atopaban en bo estado (non funcionaban, faltaban pezas, estaban rotos, etc.), pero a pesar diso, gracias a eles comezou a abrirse paso o coñecemento e aprendizaxe sobre o seu manexo, creamos contas de correo electrónico, documentos de Word e Excel, presentacións de PowerPoint, búsqueda de información, exercicios e actividades didácticas,  etc., e dicir, un primeiro contacto co mundo das TIC.

 E agora, gustaríame saber como foi a vosa experiencia e o primeiro contacto co mundo as Tecnoloxías da Información e Comunicación, CONTÁDEME!

Referencias bibliográficas

Montero, L. y Gewerc, A. (2013) Políticas oficiales sobre TIC y educación. Tendencias y líneas de actuación. En Gallego Arrufat, M. J. (Coord.) Aplicaciones de las TIC en contextos educativos. Madrid: Pirámide 

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    últimos comentarios