BLOG 8: Educación aberta, coñecemento aberto, software libre... ou ¿cerrado e propietario? Discusións e análise da problemática.

Boas tardes compañeiras e compañeiros, como podedes comprobar xa estou por aquí de novo! Hoxe, gustaríame reflexionar e debater sobre unha temática que me resulta de gran interese debido a súa importancia no noso contexto, xa que tras a visualización do vídeo sobre a temática a traballar (podedes atopar o enlace ao final da entrada, en recursos empregados) e como estudantes universitarias/os que somos, coñecemos de primeira man a importancia que ten o tipo de información, coñecementos e educación que manexamos. Pero a pesar disto, ata chegar a esta materia, eu nunca me parara a pensar na importancia nin tampouco no valor que posúe unha simple palabra “aberto/a”, xa que no caso da educación, do coñecemento e da información, podemos chegar a comprender dito termo como xeito de liberdade e confianza a hora de tratar, empregar, traballar e manipular contidos, datos e traballos que a pesar de pertencer ou ser transmitidos por outras persoas, esta simple palabra, danos carta para dialogar, debater e intercambiar información sobre os mesmos sen medo ao plaxio. 

Polo tanto, para comprender mellor do que estamos a falar, en primeiro lugar debemos saber a que nos referimos con educación aberta, segundo Jesús Valverde Berrocoso (2010): “Fundamentase no concepto de coñecemento libre e está inspirada no movemento de «Software Libre». A súa finalidade é conseguir que calquera persoa no mundo, con unha conexión a internet, poida acceder libremente, sen ningunha restrición de tipo económico, técnico ou legal, á información científica, académica e cultural que representa o coñecemento humano” (p. 157). Como podemos comprobar, o Software Libre, neste caso, posúe un papel fundamental na cuestión da educación aberta, polo que é necesario coñecer a que nos referimos con dito concepto, María Estela Raffino (2018) considera Software Libre como “Aqueles programas informáticos que lles dan aos seus usuarios, por decisión explícita dos seus programadores e deseñadores, o acceso ao código fonte ou código de programación orixinal no que foron fabricados, para que poida copiar, modificar, personalizar e distribuílo libremente”. 

Tras coñecer os significados dos diferentes termos en relación a temática, debemos ter presente que non toda a información nin tampouco os softwares que empregamos son de carácter aberto, por desgracia, e a pesar de que internet, é un gran transmisor de información e coñecementos, que poden chegar a calquera recuncho do mundo, non toda a información ou Software que atopamos pode ser empregado libremente, xa que pode incluso levarnos a un conflito legal. Dende a miña opinión, considero que o acceso a calquera tipo de información que signifique unha aprendizaxe, descubrimento ou coñecemento debería ser totalmente libre, xa que actualmente vivimos na sociedade do coñecemento, somos seres sociais e libres, polo que a nosa aprendizaxe e coñecemento tamén debería poder selo, xunto co noso xuízo e opinións, podendo transmitir do xeito que creamos convinte, os nosos pensamentos, ideas e opinións co resto do mundo, sen que nada nin ninguén poda restrinxir a nosa liberdade, nin moito menos a oportunidade de estar debidamente informados. Que opinades sobre isto? Considerades que o coñecemento e a aprendizaxe deberían ser totalmente libre? 

Recursos empregados:

https://www.youtube.com/watch?time_continue=18&v=vEyhhvRKCGw

Valverde Berrocoso, J. (2010). El movimiento de «Educación abierta» y la «Universidad expandida». Tendencias Pedagógicas, volumen (16), 157-180. Recuperado de https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:6DxLroYWaz0J:https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3341542.pdf+&cd=14&hl=es&ct=clnk&gl=es&client=safari

Estela Raffino, M. (23 de noviembre de 2018). Software Libre. [Que es el Sotware Libre]. Recuperado dehttps://concepto.de/software-libre/

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    últimos comentarios