Blog 9. Competencia digital

Ola, compañeiros e compañeiras! Esta entrada está adicada a unha das tarefas propostas para a ensinaza remota, concretamente a cuarta, na que debíamos tratar as consecuncias que tiña a brecha dixital nestos tempos, durante o confinamento. Primeiramente gustaríame conceptualizar que entendemos por brecha dixital, esta é un tipo de exclusión social, e ven motivada polas barreiras tecnolóxicas ou o acceso a elas (Rodríguez, 2009). Esta exclusión pode darse por múltiples razóns, que impedían a algúns individuos, polas súas condicións ou características acceder ás tecnoloxías e integrarse na sociedade dixital na que vivimos. As máis común segundo Rodríguez son: 

  • Exclusión por razóns sociais, ao haber colectivos que non teñen as mesmas oportunidades de acceso. 

  • Exclusión por razóns económicas, ao non poder acarrear o costo que supón formar parte da era dixital, xa que se necesita acceso a Internet e os aparellos necesarios. 

  • Exclusión por razóns formativas, esta afecta sobre todo aos inmigrantes dixitaos. Aquelas persoas que non creceron coa tecnoloxía e Internet, e agora supón ter que formarse nelas.

  • Exclusión por razóns tecnolóxicas, relacionadas coas posibilidades de acceso a Internet, que non son iguais en todos os puntos xeográficos.

 

Durante este confinamento, onde as clases foron dadas de forma telemática, puidemos apreciar como esta exclusión está presente, xa que moitos alumnos e alumnas non podían seguir as clases por diferentes razóns. Estas estaban relacionadas coas causas da brecha: había estudantes que por cuestións sociais non tiñan o mesmo nivel de acceso ou por razóns xeográficas (exclusión por razóns tecnolóxicas) tiñan unha conexión mala a Internet ou incluso non tiñan posibilidade de acceso polo lugar do que se trataba. Tamén hai que destacar a posibilidade económica, xa que non todas as familias están na mesma situación e cos mesmo recursos, moitas non teñen a posibilidade de mercar un ordenador ou este teñeno que compartir, dificultado o proceso de aprendizaxe, xa que teñen que adaptarse e compatibilizarse os horarios, e moitas veces resulta imposible. Por último, ainda esta xeración naceu cos aparellos electrónicos debaixo do brazo, como comentaba unha periodista necesitan axuda dos pais, e si estes non están formados coa tecnoloxía poden aparecer problemas que impidan o proceso así como as clases e tarefas online. Ou mesmo os profesores poden presentar dificultades ao non estar acostumados a docencia telemática e ter poucos coñecementos desta. 

 

Para situarnos nun contexto equitativo e xusto é necesario superar as barreiras nomeadas anteriormente. Pero estas poden ir cambiando, xa que a brecha dixital tamén o fai, ao encontrarnos con diferentes situacións e novos problemas. En España as principais barreiras que se contemplan para o futuro son: o uso xeneralizado dalgunhas tecnoloxías entre os xoves, agravando a barreira entre profesorado e alumnado, e colectivos excluídos da sociedade dixital, que por diferentes causas están quedando fora desta, dificultando a súa comunicación e formación entre outras.

Fuente: Ecured.
 

Considero importante preocuparnos pola brecha e disminuila, para eso necesitamos ser consicientes de que existe, e intentar cambiar a situación. Penso que a solución está nunha educación e formación para todos, así como unha dotación material que posibilite a anterior. Moitos proxectos baseabanse só nesto último, pero isto non é suficiente, necesítase explicar, inculcar e aprender. O material ten unha gran importancia, xa que o medio e un recurso polo cal podemos conseguilo, pero non debería sobrepoñerse a formación, porque de nada vale ter un ordenador ou un teléfono se non o sabemos utilizar. A escola pode ser un eixe de cambio, por iso a existencia de certos programas e plans que procuraban acadar a compencia dixital, xa que ten un papel destructor coas barreiras. Permite ao alumnado, que esta en diferentes condicións, educarse en tecnoloxía de forma equitativa e ter acceso a Internet ou a un ordenador; o problema moitas veces, como decíamos antes, resulta ser profesorado que non está formada e non pode inculcar esa competencia dixital ao alumnado; por iso é de gran importancia ter unha educación permanente e ao longo da vida, que nos permita actualizarnos e adaptarnos ao contexto. 

 

Referencia bibliográficas:

Jan, C. (17 de marzo, 2020). Teletrabajo con niños, día 2: “¡Es que yo no soy tu profe, yo trabajo en otra cosa!. El País. Recuperado de: https://elpais.com/sociedad/2020-03-17/teletrabajo-con-ninos-dia-2-es-que-yo- no-soy-tu-profe-yo-trabajo-en-otra-cosa.html 

Martínez, E., Gewerc, A. & Rodríguez, A. (2019). Nivel de competencia digital del alumnado de educación primaria en Galicia. La influencia sociofamiliar. RED Revista de Educación a Distancia, 61.                   

Pérez, M.; Vilán, L. y Machado, J.P. (2006). Integración de las TIC en el sistema educativo de Galicia: respuesta de los docentes, Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 5 (2), 177‐189. [http://www.unex.es/didactica/RELATEC/ sumario_5_2.htm]. 

Rodríguez, D. (2009). Web. 2.0, accesibilidad y brecha digital, Innovación Educativa, 19, pp. 91-115. 

Togores, A. (2004). La brecha digital. “El descalabro digital”. Escritura pública, 29, pp. 14-16. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3336923

 

 

 
    • Irene Pais
      Irene Pais

      Ola Nazaret!

      Primeiramente dicirche que me gustou moito como foches desenvolvendo a temática.

      Concordo contigo en que a brecha dixital é algo que nos incumbe a todos/as pero en especial á educación, posto que, como ben se nos inculcou dende primeiro, a ferramenta de cambio máis poderosa é a educación.

      Así mesmo, considero que as futuras barreiras que nomeaches, de actuar correctamente, se poden diminuir pero non será un proceso nin rápido nin sinxelo.

      Grazas pola tua entrada e un saúdo!

    últimos comentarios