BLOG 9: O meu proceso de aprendizaxe na materia de Tecnoloxía Educativa.

Boa tarde a todas e todos, para rematar coas miñas entradas nesta rede social, gustaríame reflexionar e analizar o meu proceso de aprendizaxe durante os meses que durou a materia de Tecnoloxía Educativa. Antes de comezar con dita análise, destacar a gran importancia que tivo a tecnoloxía, e en particular, esta rede social para poder seguir desenvolvendo o proceso de ensinanza desta materia, e tamén, poder seguir en contacto co resto dos nosos/a compañeiros/as, durante estes últimos meses de confinamento derivados dunha alerta sanitaria provocada polo COVID-19.

Antes de comezar con esta materia, cría que posuía coñecementos sobre tecnoloxía e sobre como empregala, pero tras o comezo da mesma, decateime de que descoñecía moitas ferramentas e saberes que nos facilitan o noso proceso de aprendizaxe, así como a realización de tarefas ou a obtención de información, neste caso, podemos destacar o PLE ou Entorno Persoal de Aprendizaxe, mediante o cal podemos xestionar todos aqueles elementos que utilizamos para a nosa propia aprendizaxe. 

Tras varias clases interactivas da materia nas que profundamos e coñecemos a tecnoloxía dende o ámbito educativo e pedagóxico, a mestra, propuxo unha actividade que a simple vista parecía doada, pero que realmente non o era, en grupos debíamos realizar un vídeo no cal mostrásemos a importancia e os aspectos a ter en conta sobre unha das cinco áreas do Marco Común da Competencia Dixital Docente. Ao principio pensábamos que simplemente se trataba de gravar un vídeo, pero realmente era un traballo moito máis elaborado, xa que, en calquera vídeo ou curto, débense ter en conta unha serie de aspectos que inflúen ou se ven involucrados na posta en marcha do mesmo. Antes de nada, debíamos ter claro e coñecer ben a temática a tratar, polo que para iso debíamos investigar e recoller información sobre a mesma, posteriormente, propoñer unha problemática a desenvolver no vídeo, tendo en conta os aspectos fundamentais para que este fora gravado adecuadamente (diálogos, escenarios, sons, luces, etc.). A pesar de que a planificación foi complexa e elaborada, decatámonos de que a súa gravación era moito máis doada se os aspectos que inflúen no mesmo eran debidamente organizados e planificados, tendo en conta ata o mínimo detalle, para que este saíra o mellor posible. 

Para rematar, vexo necesario destacar, como xa o fixen no primeiro parágrafo, a importancia que tivo e ten a tecnoloxía durante esta situación tan complexa que nos tocou vivir. Como puidemos comprobar neste tempo, existiron diferentes xeitos de afrontar esta situación, cada profesor/a escolleu o método que cría máis convinte para seguir desenvolvendo a súa materia, pero neste caso, como a materia de Tecnoloxía Educativa, en gran parte, se desenvolvía de xeito telemático (a través da rede social), non foi complicado nin tampouco resultou un cambio moi grande no noso proceso de aprendizaxe a súa adaptación a situación, polo que foi unha das materias que mellor logrei desenvolver, e que me demostrou que a tecnoloxía é a nosa aliada, e que nos permite saír adiante hasta nos momentos máis complicados. 

Hasta aquí o meu percorrido pola materia de Tecnoloxía Educativa e o meu proceso de aprendizaxe, espero que vos atopedes ben e espero poder vernos o máis pronto posible, saúdos a todas e todos!

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    últimos comentarios