Blog 10: O meu camiño nesta materia

Compañeiros ata aquí chegou a miña andadura nesta materia, con isto dicir que este será o meu último blog que publicarei nesta gran plataforma, que tanto coñecemento nos brindou e que tantas experiencias puidemos compartir, dita entrada tratará sobre o meu proceso de aprendizaxe ao largo deste curso utilizando esta ferramenta.

En primeiro lugar con esta materia puiden poñerme en contacto cunha rede social que nunca empregara, pois sabía da existencia dos blogs, pero nunca me parara a pensar sobre os blogs educativos, realizar entradas nas que a xente poida comentar e dar a súa opinión ou a súa aprendizaxe é algo que nos permite abrir a nosa mente e ampliar o noso coñecemento.

En segundo lugar, puidemos tocar temas que moitas veces obviamos  e non lle damos a importancia que ten de maneira tecnolóxica, refírome tanto a seguridade na rede como o valor do aprendizaxe nela, pois poido dicir que esta materia fixo que o tabú de que a tecnoloxía é unha mala influencia a hora de estudar desaparecera do meu pensamento.

Como observados durante esta etapa que nos tocou vivir, podo destacar que foi foi a única materia que non presentou grandes cambios, o cal foi un gran alivio, por outro lado durante o confinamento tamén puidemos estar comunicados e informados a través de Stellae , pois foi o método que utilizábamos para saber sobre como ían evolucionando os cambios e os novos recursos que ían saíndo na rede.

Con isto dicir que debemos valorar máis o que temos e informarnos sobre todos os usos que teñen as tecnoloxías e non llo damos, unha porque non sabemos e outra porque tampouco nunca se nos explicou ou informou sobre isto, pois estou segura que logo de cursar esta materia que no meu proceso de aprendizaxe seguirá presente outros métodos de este estilo.

Por último, destacar que foi toda unha novidade realizar toda a materia dende unha rede social, pois nunca antes mo plantexaran, e considero que é unha boa opción para que sexas constante no teu día a día ao par que responsable, pois dependía de ti que o teu blog e así a materia fose seguindo o curso que estaba proposto para conseguir os obxectivos indicados ao principio da materia, e pola miña parte considero que si os conseguín.