BLOG 14: Uns pasos na Tecnoloxía Educativa no camiño da Pedagoxía

Expoñer aquí e agora, neste último blog, as pinceladas finais do meu proceso de aprendizaxe, coas implicacións e reflexións que isto conleva. 

Unha materia que dende o primeiro día me creou curiosidade en canto a metodoloxía se refire. No momento que se explicou o emprego da rede social como forma de compartir e traballar co material explicado nas sesións expositivas varias sensacións me inundaron. En primeira instancia, as redes sociais sempre estiveran fora do meu entorno educativo e a partir dese momento formarían parte del. Pasar, a combinación do ámbito formal co non formal na práctica e experimentado por min mesma. Engadido a que a tecnoloxía e eu non somos  moi parellas. Sen embargo, o emprego de Stellae, sinxelo e intuitivo de poucas explicacións necesitou.

Tiña claro que á hora de elaboración dos blogs empregaría a metodoloxía de temas libres para así poder eu mesma descubrir aquilo no que me gustaríame centrarme e aprender dunha introspección enmarcando e delimitando os temas que me parecían interesantes. Aínda, que aquí gustaríame facer  o apuntamento de que nun primeiro momento isto converteuse nunha tarefa ardua xa que a temática era inmensa e delimitala dando conta de que a información provira de fontes fiables requiría mais  tempo do que eu pensaba.

As clases dinámicas onde se trataron temas de actualidade axudoume, sen dúbida, a activación de ideas para a creación de blogs. A variedade dos mesmos serviume en gran medida para dar paso a creatividade, mellorando a miña forma do redactado, tendo en conta as pautas de cohesión e coherencia revisando agora si o escrito, xa que todos/as eramos conscientes de que ían ser lidos por cando menos parte dos nosos compañeiros/as e as súas opinións quedarían ao descuberto, aprendendo sen dúbida das aportacións e críticas, sempre enfocando o conflito dende a súa visión máis positiva. Sen dúbida, cultivámonos  todos e todas de forma colaborativa deixando entrever pensamentos de diferentes persoas que se interesaban polos mesmos temas podendo afondar e facer a nosa propia entrada.  Así, incentivouse  a capacidade de crear unha conciencia crítica de saber replicar con argumentos sólidos comunicándonos eficazmente expresando as ideas de forma clara e convincente, aínda que sen dúbida, queda moito por descubrir e mellorar. 

Ademais grandes conceptos e temas interiorizados no meu aprendizaxe significativo que descoñecían pasando polo PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe) ata a gamificación pero clarificando outros como Sociedade da Información que pensaba que comprendía  pero que abarcaba connotacións  moito máis amplas. 

As actividades das sesións expositivas e das sesións interactivas variadas e enriquecedoras para o meu proceso de aprendizaxe co traballo en equipo e a necesidade da participación sempre presente. Grazas a mesma, aficioneime a edición de vídeos, descubrindo programas aos que tiña acceso nos meus dispositivos electrónicos e dos que non tiña coñecemento. Así mesmo, cavilei tamén sobre a creación dalgún tipo de formato neste verán, sen telo aínda moi claro como a creación dun diario ou  blog propio que recolla temas de interese ao que poder acceder e dialogar con diferentes internautas cos mesmos atractivos que min. 

Uns meses adiante, coa chegada da crise sanitaria as condicións cambiaron e as clases presencias deron paso as clases online. Sen embargo, nesta materia non houbo cambios, como si xa estiveramos preparados para a situación do COVID-19 de antemán. A tecnoloxía como soporte para levar a cabo o teletraballo, o teleocio e especialmente con grandes implicacións pedagóxicas como puidemos ver. Dende logo, con aportacións realmente positivas e innovadoras pero deixando ao descuberto a necesidade de adquirir a competencia dixital en todas as súas áreas ( resolución de problemas, creación de contido, seguridade, información, comunicación), non como a solución ao problema pero si  facer fronte a situación inesperada da pandemia, instando a necesidade dunha verdadeira inclusión que non se quede en “papel mollado”

Paréceme de gran interese resaltar a autoavaliación realizada na primeira parte da materia. Esta serviu para que contemplara de primeira man o primeiro período do proceso de aprendizaxe favorecendo a ética da avaliación motivándome para mellorar.

Coma todo nesta vida que valga a pena, requiriu de esforzo e especialmente disciplina pois non todos os días temos motivación. Recordar que a propia vida é un aprendizaxe, dá igual a idade que teñas ou o grao na carreira no que estes, sempre debemos, actualizarnos, renovarnos no marco da educación permanente para poder así nun futuro non moi lonxe en práctica todo o aprendido nestas materias. 

               “Aprender non é un acto de consumir ideas senón de crealas e recrealas”

                                                                                                         Paulo Freire, 1996

 

Nada máis que desexarvos, unhas boas vacacións que sigades formándovos no que vós interesa. Espero vervos moi pronto, grazas por formar parte do meu proceso de aprendizaxe!