Arteterapia e Pedagoxía

    Irene Pais
    Por Irene Pais

    Boas a todas e a todos unha última vez! Para este blog decidín tratar sobre a arteterapia como ben puidéchedes ler no título. O motivo principal desta decisión é a curiosidade que me suscitou esta área en concreto durante a realización do meu proxecto de Prácticum I, así que decidín dedicarlle un blog en especial para mostrarvos en qué consiste e eu coñecela un pouquiño máis. Vamos alá!

     

    Para comezar, e no referente á súa historia, a arteterapia creouse fai mais de trinta anos por Jean-Pierre Klein, e é considerada como un compañamento e unha axuda á persoa en dificultades sociais, educativas, persoais… de tal forma que o traballo realizado a partir das súas creacións plásticas, sonoras, dramáticas, teatrais, escritas… xeran un proceso de tranformación de sí mesma e a axuden a intedrarse nos seus grupos ded referencia social, dunha maneira crítica e creativa (Bassols, 2006)

     

    Categorizada pola Organización Mundial da Saúde como unha área na interseción das artes, a saúde e a educación, a arteterapia foi aplicada en psicoterapia, en educación, en rehabilitación e prevención de saúde mental, en terapia ocupacional e en movementos sociais de todo o mundo (Philippini, 2004 en Araujo e Gabelán, 2010)

     

    En canto aos profesionais que poden intervir como arteterapeutas, debido á súa multidisciplinariedade, os/as arteterapeutas proceden de diversos ámbitos como por exemplo:

     

    Táboa 1: Ámbitos.

     

    Socioeducativo

    Mestres/as

    Logopedas

    Psicomotricistas

    Pedagogos/as

    Educadores/as

    Traballadores/as sociais

     

    Artístico

    Pintores/as

    Escultores/as

    Bailaríns/as

    Actores/Actrices

    Músicos

    Fotógrafos/as

     

    Sanitario e terapeutico

    Psicólogos/as

    Psicoanalistas

    Médicos/as

    Psiquiatras

    Fonte: Elaboración propia a partir de Bassols, 2006

     

    Os/as arteterapeutas deben ser capaces de avaliar e identificar as mellores evidencias das súas prácticas para que outros profesionais poidan tamén acceder a eses coñeementos e, á súa vez, axudar á mellora das competencias en Arteterapia. Xa dende os inicios da formación como arteterapeutas trátase de promover actitudes como (Villanueva, 2012):

    • Cuestionarse os procesos seguidos nas súas prácticas.

    • Desenvolver procesos analíticos e críticos co necesario rigor científico.

    • Comprometerse na permanente mellora da actividade profesional, desenvolvendo o espírito investigador.

     

    A Arte terapia traballa cunha visión global de desenvolvemento  por iso non só é un medio terapéutico, senón tamén unha ferramenta educativa, tratando de facer que a persoa exprese os seus sentimentos, pensamentos e emocións, e que descubra e recoñeza en sí o que antes non estaba claro. É importante aclarar que a Arteterapia non busca ensinar artes, non ten como finalidade a estética final da obra realizada senón a calidade terapéutica, educativa e perceptiva do proceso vivido (Araujo e Gabelán, 2010).

     

    Emprégase o arte como forma de comunicación non verbal, como medio de expresión consciente e inconsciente, ao recoñecer que os pensamentos se expresan con maior facilidade nas imaxes que en palabras. A través do proceso creador reflexionase sobre o desenvolvemento dos conflitos persoais e intereses dos individuos (Barbero, 2007).

     

    Por todo isto, a Arteterapia emprégase con diversos fins como axuda á psicomotricidade, á mellora da autoestima, a mellorar a situación de parálise cerebral do alumnado… Dende o meu punto de vista persoal, considero que se trata dunha área moi interesante e na que nos deberiamos de formar xa que, como ben se aclarou na táboa, un dos profesionais que poden intervir neste ámbito (tras unha especialización e formación adecuada) son os pedagogos/as polo que coñecer o amplo abanico de posibilidades que se nos abre non só é relativo para o noso perfil profesional senón tamén en canto a intervención se refire.

     

    Espero que vos resultase de interese!

     

     

    Araujo, G., & GABELÁN, G. N. (2010). Psicomotricidad y Arteterapia. Revista electrónica interuniversitaria de formación del profesorado, 13(4), 307-319. Recuperado de: https://www.redalyc.org/pdf/2170/217015570026.pdf

     

    Barbero, J. C. G. M. (2007). Arteterapia, parálisis cerebral y resiliencia. Arteterapia-Papeles de arteterapia y educación artística para la inclusión social, 2, 169-179. Recuperado de: https://sid.usal.es/idocs/F8/ART13337/arteterapia_paralisis_Cerebral_resiliencia.pdf

     

    Bassols, M. (2006). El arteterapia, un acompañamiento en la creación y la transformación. Arteterapia. Papeles de arteterapia y educación artística para la inclusión social, 1, 19-25. Recuperado de: https://revistas.ucm.es/index.php/ARTE/article/download/ARTE0606110019A/9023

     

    Villanueva, J. V. (2012). Competencias profesionales e investigación en Arteterapia. Arteterapia: Papeles de arteterapia y educación artística para la inclusión social, 7, 13-26. Recuperado de: https://revistas.ucm.es/index.php/ARTE/article/download/40758/39066

     

    últimos comentarios