• Descargar

Fotografía sobre un lugar no que experimentei un aprendizaxe significativo

Quixen subir este arquivo porque representa o lugar da facultade no que recibin un aprendizaxe significativo moi amplo. Trátase do salón de actos. Neste espazo creamos dende cero unhas xornadas sobre a pedagoxía da oportunidade, que duraron 8 horas e tratarón diversos temas, dende a educación ambiental ata a educación emocional e sexual.

Este proceso foi novedoso para nos como estudantes do grao de Pedagoxía xa que nunca empregaramos unha metodoloxía similar. Isto obrigounos a organizarnos dende o principio, a decidir quen se iba a encargar de cada cousa (comunicación e publicidade, gastos, organización, contrato de profesionais, etc.).

Persoalmente considero que foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, e vese que tivo éxito dado que este ano se repetiron as xornadas baixo outro nome e tratando temáticas distitnas.

Quero concluír dicindo que eu me encarguei do ámbito da comunicación, concretamente do Facebook, publicitanto as xornadas e puiden observar a importancia das redes sociais para chegar ao maior número de público posible.