O comezo dunha andadura

 

Boas! 

Hoxe, gustaríame compartir con todos e todas vós aquela fotografía que tiveramos que realizar nunha das sesións expositivas. Para ser sincera saquei varias... entre elas, unha da natureza que rodea a universidade, do verde que sempre me inspira e do olor a fresco e puro do aire de Galicia.

Sen embargo, decidínme por outra , unha simple porta ( ese é motivo polo que prefiro adxuntar a mina primeira fotografía) pero a pesar de non ter valor fotográfico, trasládeme os inicios da andadura desta etapa en Pedagoxía. A primeira reunión, onde aínda non sabía cómo ían a ser estes anos. Nese momento, cabe decir que a incertidumbre polo que se aproximaba se apoderaba de min, pero tamén a ilusión dunha nova etapa. Ter a sorte de "meterme de cheo " en aprendizaxes que eu mesma elixira. Pensaba, nese momento antes de entrar pola porta quen serían esas persoas coas que pasaría estes anos e agora no 2020 non podo estar máis feliz dos valores que me aporta o meu grao e das persoas que me rodean.

Sen dúbida, aínda que as veces, sexa complexo, para crecer hai que saír desa zona de comfort.

Deseguido pasareime polos vosos perfís, para ver as vosas imaxes e o sentido que lles concedestedes.