CIRCLE (análise da película)

Unha das películas que vin estes días foi “Círculo” (2015), penso que é interesante e mantivo a miña intriga ata o final (non vou facer spoilers, para quen quera vela). Vou facer unha breve análise da mesma e quero destacar o uso de películas así como doutros recursos tecnolóxicos no ámbito educativo

 

SÍPNOSE:

Cincuenta descoñecidos espertan nunha habitación escura formando un círculo ao redor dunha cúpula negra, ninguén lembra como chegou aí. Non se poden mover nin tocar uns a outros porque cando alguén o fai un raio proveniente da cúpula os mata. Ninguén sabe quenes son os seus captadores, pero o que si saben é que cada dous minutos (en tempo real) unha persoa do círculo é fulminada polo raio e que, ademais, poden decidir quen será o próximo en morrer.

-        Que mensaxe quere facer chegar a película?

Ao longo da película, as persoas que están encerradas especulan sobre os motivos polos que están alí, e consideran que é un experimento cun fin, o de que so quede unha persoa. Esta conclusión sentou as bases para innumerables debates sobre quen sería a seguinte persoa que “merecía” morrer e, sobre todo, quen merecería ser a supervivinte. Por este motivo está en constante xogo a moral. Quen merece vivir: unha persoa negra, unha persoa con antecedentes, unha embarazada, unha nena, un ancián, un militar...?

A película introduce ao espectador nesa discusión, facendo que te posiciones constantemente e penses a quen elixirías ti, e por qué?

-        Reflexión persoal

Penso que pode ser un recurso bastante bo para traballar con adolescentes e con nenos e nenas de distintas idades, semella aos coñecidos "dilemas morais", xa que da pé a abordar temas como o racismo, o clasismo, o machismo, etc, ademais de traballar aspectos como os estereotipos e prexuízos.

Asemade, é útil para desenvolver un criterio ético e fomentar a reflexión persoal sobre a que aspectos dámoslles mais importancia, así como a tomar conciencia sobre a nosa xerarquía de valores.

 

Se alguén de viu xa esta película ou decide vela proximamente pode comentar a súa opinión!! Espero que esteades levando ben a cuarentena compañeirxs

 
    • Noelia Fernández
      Noelia Fernández

      Ola María!!

      Eu tamén vin esta película e opino igual que ti. Ao final isto é un reflexo da realidade, xa que vivimos con estereotipos sobre os demais, xulgando ás persoas simplemente polo feito de, por exemplo, "ser negro", "ser drogadicto", "ser preso","ser homosexual", etc. Unha etiqueta que provoca que automáticamente o noso cerebro rechace a esa persoa. 

      Relacionar con isto, a actividade que realizamos na clase de técnicas, onde tamén se puido ver claramente os prexuízos que temos cara a algunhas persoas.