Un paseo pola Tecnoloxía Educativa: Revisión

Última actualización de en Miriam Otero Aguete

Ola a todos e a todas! O curso está a piques de rematar e, coa finalización do período destinado ás clases, chega o momento de reflexionar e poñer de relevo o traballo e as aprendizaxes desenvoltas ata agora. 

 

Para explicar o meu paso pola materia de Tecnoloxía Educativa empregarei como metáfora o primeiro paseo que fai unha persoa cando chega a unha vila que non coñece e na que vai vivir os próximos anos da súa vida. Esta metáfora, tras cavilar noutras moitas posibilidades, pareceume a máis indicada para describir o meu traballo e o proceso de aprendizaxe nesta materia.

 

Imaxe 1. A nova vila. 

Fonte: https://pixnio.com/ 

 

Este paseo está enfocado a descubrir algúns dos aspectos máis relevantes e significativos da Tecnoloxía Educativa, ou o que é o mesmo, a nova vila na que a persoa vai vivir. Deste modo, o meu paso pola materia queda reflexado en forma de aprendizaxes sobre un terreo totalmente descoñecido para min ata este momento e que servirá  para asentar as bases de coñecementos futuros.