A miña película sobre a Tecnoloxía Educativa...: Revisión

Última actualización de en Natalia Paz Prego

Para rematar o meu percorrido na materia de Tecnoloxía Educativa, tratarei de analizar os aspectos comúns e máis importantes a ter en conta das entradas do meu blog. Como explicou a mestra, para a realización deste portfolio, podemos empregar unha metáfora, que nos servirá de apoio e como canle para explicar o meu proceso de aprendizaxe e de desenvolvemento da asignatura. 

Para atopar unha metáfora axeitada, o primeiro que fixen foi botar unha ollada ao meu blog desde fora, como se fora unha persoa allea e que o visita por primeira vez. Primeiramente comprobei a distribución e o desenvolvemento de cada unha das entradas, e atopei un punto común en cada unha, para así, poder explicar a sua traxectoria de xeito máis representativo e visual. Tras a visualización do blog e a pesar de que o modelo seleccionado para a súa realización eran as temáticas plantexadas pola mestra, decateime de que as miñas entradas, prácticamente a maioría, posúen un aspecto en común: a súa estrutura é moi similar, pero sempre centrándome na temática en cuestión e sempre dende unha perspectiva pedagóxica e educativa.  Polo que, a estrutura dos meus blogs, recordame ao proceso que sigo cando visualizo unha película, o cal se divide en tres partes:

A- Visualización do trailer

B- Visualización da película

C- Opinións e críticas

    Natalia Paz Prego

    Natalia Paz Prego

    Considerome divertida, traballadora, amable e optimista

    Historial