1. Os froitos da tecnoloxía: Revisión

Última actualización de en Maria Martinez Garrido

Chegados a este punto da materia o que cando comezamos en febreiro, parecía que quedaba lonxe pero aquí estamos. É o final do cuatrimestre, con el chega o verán e tamén a época que todos tememos e nos fai estar máis estresados por eses exames aos que nos temos que afrontar ou as síntesis e recapitulacións que debemos facer das materias, entre elas, esta. Así mesmo como di Jim Goodwin “El tiempo para relajarte es cuando no tienes tiempo para ello”.

Pero estas síntesis e recapitulacións poden ser necesarias e na maioría dos casos favorables porque nos fan voltar sobre aquelo que fixemos, vendo si está ben ou non, o que poderíamos cambiar e a evolución que sufrimos.

Neste sentido, dispóñome a facer unha análise e reflexión sobre o meu percorrido nesta materia e, mais concretamente, todo o meu camiño dentro da Rede Social.

Historial