AUMENTANDO A MIÑA MOCHILA

Última actualización de en Carmen Castro Garcia

A modo de despedida, non só dunha materia, senón de todo un curso que probablemente sexa o máis destacado polo momento, e do que máis aprendizaxes nos levamos.

Dende as primeiras clases nas que investigábamos sobre o funcionamento dunha nova rede social para nos, unha nova forma de traballar, unha nova forma de proceso educativo, non me esperaba todo o que fixemos, todo o que podíamos facer a través de Stellae. Redactar Blogs, pero sobre todo, Blogs que realmente foran interesantes, non foi doado, posto que compartir este tipo de contido en Internet foi algo novo para min, pero pronto comecei a intentar facer entradas que puideran suscitar o interese dos meus compañeiros, sobre temáticas que dende o meu punto de vista eran interesantes e ofrecían aportacións, recursos ou información interesantes.

    Carmen Castro Garcia

    Carmen Castro Garcia

    Alumna de 3º de Pedagogía, de la USC.