Para pechar o traballo en Stellae...

Última actualización de en Noelia Villar

Neste documento vou a describir brevemente o que foi o meu traballo este cuatrismestre na rede social Stellae que empregamos na materia de Tecnoloxía educativa, como o organicei e distribuín, os aprendizaxes que obtiven, etc.
Cabe destacar que a pesar de estar todo o día prácticamente enganchados a redes sociais (Facebook, Instagram, Twitter…) nunca empregáramos esta metodoloxía no noso proceso de ensino aprendizaxe, polo que persoalmente me chamou moito a atención.

É triste que en pleno século XXI, sendo milenials como somos, que levamos medrando ao mesmo tempo que a tecnoloxía, tiveramos que esperar ata terceiro ano de carreira para chegar a traballar cunha rede social na aula.