Valoración da metodoloxía empregada e do meu propio traballo.

Última actualización de en Noelia Villar

Cando a principio de cuatrimestre se nos dixo que tiñamos que empregar unha rede social para a materia, todos nos sorprendemos e acollemos a proposta con ilusión e ganas. Avanzado o tempo, é certo que verte na ''obriga'' de ter que subir Blogs, comentar e interactuar coas publicacións dos compañeiros… daba ''pereza''; porque a todos nos pasa que cando nos obrigan a facer algo non temos ganas pero cando non temos porque facelo, aí estamos dende o primeiro momento facendoo.
Con esto non quero decir que non me gustase a metodoloxía, todo o contrario, gustoume moito esta maneira de empregar unha rede social para o noso proceso de aprendizaxe na asignatura, porque todos podemos ver o traballo de todos, construír as nosas opinión en base á dos demais e discutir sobre temas de interese.
Sobre o meu traballo, considero que podía ter sido moito máis activa na rede, pero creo que relacionei ben os meus Blogs entre sí, unindo os contidos que correspondía e analizando o traballado na aula.
Quédome coa importancia dunhas boas competencias dixitais para o bo desenvolvemento desta área, sobre todo na educación, onde é moi importante ter unha boa base para poder construír coñecementos dende ela.

Para min, a tecnoloxía educativa é como un aeroxenerador; explicarei esta metáfora o mellor posible:

Os aeroxeneradores empregan o movemento para crear enerxía, e eu pensó que identificando a enerxía coa educación e os aprendizaxes significativos, a tecnoloxía pode empregar o movemento dos alumnos/as guiados por un bo docente, para crear enerxía.