1.1. A plantación

Última actualización de en Maria Martinez Garrido

O primeiro día de clase comezamos despexando as típicas dúbidas sobre que de que podía tratar esta materia, que expectativas tiñamos sobre ela e para rematar, a docente expúxonos como iba ser a metodoloxía a empregar nesta materia. Esta tratou ser algo dferente ao que estabamos acostumados, xa que debíamos traballar sobre unha rede social diferentes temáticas, no meu caso, inclineime por realizar aqueles temas xa establecidos e non escoller temáticas libres.

De seguido comezou o meu traballo na mesma e os requisitos que se nos pedían fixeron necesaria que organizara o meu pensamento de cara a como podía facer para dedicarlle o tempo que necesitaba esta práctica.

O primeiro mes, que coincidiu co período anterior á ir as prácticas, comecei elaborando entradas sobre os temas propostos que podían estar relacionados co traballado na clase. Nesta etapa fixen 5 entradas, a primeira delas na que fago unha reflexión sobre a primeira impresión da materia. As seguintes, correspóndese con diferentes temas tratados nas clases expositivas e interactivas sobre os que, a pesar de elaboralos dende unha perspectiva bastante técnica, en todos eles intentei por as miñas propias reflexións sobre o lido.