Os primeiros xermolos

Última actualización de en Maria Martinez Garrido

A entrada sobre competencia dixital foi a primeira e creo que a máis impactante para min, xa que me fixo reflexionar e ver que a pesar de usar diariamente tecnoloxía, non teño nin idea do que abrangue, así como a importancia que ten esta en relación cos futuros temas que tratei. Ademais, ao ser coa que me tiven que enfrontar a esta metodoloxía de aprendizaxe, custoume saber como poder estruturar a forma na que debía elaborar os diferentes blogs.

Na entrada de si se modificou a forma en que aprendemos pola tecnoloxía, fixen o descubrimento do conectivismo, un termo que descoñecía é que me pareceu moi importante para entender a concepción que se lle pode dar na actualidade á tecnoloxía, é así servirnos para aprender de todo ó que estamos expostos.

De seguido coa entrada de si é posible hoxe aprender sen tecnoloxía, igual podería haber sido realizada previamente á entrada anterior xa que falo de que é o que se entende por tecnoloxía e que é un elemento que atopamos diariamente na nosa vida e da que adquirimos sen que nos demos conta unha gran cantidade de coñecementos.

Para rematar esta etapa, fíxeno coa entrada de si existe innovación cando incorporamos tecnoloxía nunha proposta de formación, na cal din a visión de diferentes documentos que lin pero sobre a perspectiva que teño sobre este tema, xa que ter tecnoloxías á nosa disposición e máis nunha formación, non significa que estemos innovando, si sería se entendemos por innovación a introdución de material tecnolóxico unicamente. Neste sentido “Si buscas resultados distintos, no hagas siempre lo mismo” (Albert Einstein).