1.2. A rega

Última actualización de en Maria Martinez Garrido

Este apartado coincide coa volta das prácticas, no cal elaborei 6 entradas. A estrutura que seguín foi guiada máis por os temas que me resultaban máis chamativos e aqueles que me faltaban por desenvolver que non o fixera no período anterior. Os temas somos os que falei parecéronme moi interesantes e exercín unha reflexión profunda en algún deles, considerando que nesta parte da materia tiven unha evolución cuantitativa e sobre todo cualitativa do traballo realizado.

Nesta período, a pesar de estar un mes case sen entrar ao blog, algo que considero que puido ser doutro xeito e que durante as prácticas en algún momento puiden interactuar dalgún modo, dinme conta de que realizaba as entradas con maior soltura e sentíndome máis cómoda que na etapa anterior. Este cambio creo que se debeu a que comecei a entender e a adaptarme a esta metodoloxía de traballo, non sendo isto un feito que me librase de ter dificultades á hora de realizar os blogs e de crear contido a partir do que podía reflexionar das lecturas ou vídeos.