O crecemento

Última actualización de en Maria Martinez Garrido

Comecei realizando a entrada de Educación Aberta, na cal establecín unha serie de incógnitas que resolvería na seguinte entrada, Educación Privativa. Desta temática realicei unha terceira entrada despois de traballar esta temática na clase e adquirir unha perspectiva e unha información que poidera completar a miña. Nelas reflexionei e din o meu punto de vista ademais de apoiarme nos documentos que descubrín, atopándome cunha confrontación interna de que sería o máis correcto e de que era o mellor para a sociedade. Rematei en que eu me quedo co coñecemento e a educación aberta, pero que estamos aínda demasiado privados para chegar a conseguilo completamente.

Polo tanto, a entrada de coñecemento aberto ou pechado realizaría a continuación da de educación aberta e educación privativa, pero atópase nese lugar por quere volver sobre este tema engadíndolle máis información co visto na aula.

Tamén traballei o tema da integración das TIC nos centros educativos e se están apoiada polas políticas educativas en dúas entradas diferentes. Como conclusión en ambos blogs cheguei a que o único que se fixo ata o momento foi introducir nos centros educativos recursos materias, pero, non se produce unha integración das TICs plenamente porque os docentes non a inclúen na súa práctica habitual e teñen un gran descoñecemento sobre elas.