1.3. A recolecta de froitos

Última actualización de en Maria Martinez Garrido

Para pechar esta etapa publiquei unha última entrada na que fago unha reflexión sobre como foi esta materia para min e o que aprendín nela. Así mesmo rematar tamén esta última reflexión que non foi unha materia sinxela e a que non lle tivera que dedicar tempo, senón que resultoume complexa e incluso en moitos casos non sabía como podía desenvolver e reflexionar ben sobre o que se pedía. Tamén tiven dificultades para incluír imaxes, xa que as de uso non comercial resultan ser moi limitadas e en algúns casos non me deixaba pegalas.

A miña interacción en twitter non foi mo elevada, porque me atopei coa dificultade de non saber que por ou que responder aos meus compañeiros, pero intentei introducir algunha información e frases que me atopaba e me resultaban interesentes, servindo para clarificar a información á que podemos estar expostos.

Os comentarios, pola súa parte, servíronme para reflexionar e adquirir un punto de vista diferente o que eu plantexaba, ou mesmo para reafirmarme no que expuxera.

Pero, a pesar disto, considero que o traballo realizado rematou por encaixar e tanto as entradas coma o que puiden desenvolver en comentarios e twitter reflexan as miñas opinións e os diferentes coñecementos que fun aprendendo e relacionando con coñecementos previos e con información futura. Puiden ver como todo ten unha base común e como as miñas entradas a pesar de ser diferentes, todas elas facían referencia a necesidade que ten a sociedade de adquirir unha competencia dixital moi necesaria no mundo no que vivimos rodeados de tecnoloxías; así como a importancia da introdución e do apoio que se ten que facer dende o sistema educativo e o sistema escolar.

Agora si, como conclusión final de todo o proceso adquirido, dinme conta de que a tecnoloxía é coma unha árbore que plantaron uns intelectuais que decidiron evolucionar por medio de algo revolucionario e que agora todos podemos empregar para extraer das súas ramas os froitos deste e saborealos aproveitando todas as súas potencialidades a través da adquisición do seu pleno coñecemento.

Resultado de imagen de arbol-tic

Karapolanco. (2013, 24 julio). Arbol-tic [Figura]. Recuperado de: https://www.flickr.com/photos/99091504@N04/9363386518

Polo tanto, este é realmente o final de todo o campo que se nos abriu co descubrimento da gran profundida de teñen as tecnoloxías? Eu creo que non, a si que, agora que xa adquirín algo de competencia dixital, vou intentar continuar este camiño e coñecer todo o que me pode aportar.