6. Superpoderes

Última actualización de en Rocío Linares

Posteriormente a realización das prácticas e tras un período de desconexión do blog, retomei o mesmo con máis forzas. A pesar de estar case un mes sen utilizar o blog, período no que admito que podería haber mantido unha maior conexión, retomei as entradas dunha forma máis sinxela, resultándome máis doado escribir sobre os temas en cuestión. Probablemente este avance foi produto da adaptación a esta metodoloxía de aprendizaxe ademais dunha maior organización pola miña parte, establecendo un horario para a realización dos blogs así como para comentar a outras persoas sobre as súas entradas.

Nesta etapa fixen a realización de 5 entradas, algunhas das mesmas estruturadas en dúas partes pola gran dimensión de temas que se podían sacar sobre unha mesma temática, como foi o caso da educación aberta sobre a que fixen diversas entradas.

A estructuración das entradas realizadas neste período foi en función dos temas que me parecían máis relevantes, comezando por aqueles que non daban lugar a máis entradas para posteriormente continuar con temas más grandes sobre os que podía falar de temas diversos moi ligados, como o caso do software libre, educación aberta, copyright... sobre os que fixen unha entrada para cada un.

Con esta segunda etapa aprendín a abordar as temáticas desde enfoques máis dinámicos para chamar a atención dos lectores sobre o tema elixido ,debido a gran cantidade de compañeiros/as que trataban os mesmos temas. Ademais, puiden comprobar como me resultaba máis fácil, nesta etapa, ligar os temas propostos con outros vistos na clase ou nas noticias, podendo vincular ditos temas a outros relacionados cos mesmos, como no caso do copyright e a súa relación coa educación cerrada.

Por estas razóns, considero esta fase do meu proceso de aprendizaxe como a etapa dos superpoderes xa que, en certa medida, adquirín, baixo o meu punto de vista, unhas maiores habilidades para a realización dos blogs de forma máis dinámica e fluída.

Supergirl, Super Girl, Rosa Super Chica, Niña, Super

Fuente: https://pixabay.com/es/photos/supergirl-super-girl-2478970/