The Legend of Stellae: Legacy

Última actualización de en Sergio Polín

Coma se dun videoxogo se trátase, a miña experiencia ó longo desta materia pódese estruturar por unha serie de fases, coas cales quero reflectir esta travesía.

Como cada ano, con cada materia atopamos un desafío, un reto, unha aventura, que se ben non pode asemellarse a aquilo co que a nosa mente asocia o termo, é sen dúbida un camiño cheo de altos e baixos, onde en moitas ocasións andamos con total seguridade, coñecendo o camiño a tomar en cada cruce. Con certeza de que estás indo pola dirección correcta, sen necesidade de mirar atrás. Pero por suposto, tamén hai momentos nos que quedamos quietos no medio do camiño, mirando ó noso arredor sen saber por onde ir, perdidos, vendo como os demais avanzan, con maior ou menor acerto, pero avanzando sempre cara a meta.

É niso consiste un videoxogo, avanzar, perderse, volver polo camiño para saber onde collemos o camiño equivocado, pero sempre en movemento, en continuo dinamismo, buscando polo xeito de seguir a ruta correcta para chegar á nosa meta.

 

Deste xeito, a miña travesía durante a materia de Tecnoloxía Educativa responde a este formato. Comezas a partida, co coñecemento de que o camiño non vai ser unha liña recta, que vai ser necesario buscar recursos e equipamento, durante o mesmo, que che permita seguir avanzando cara a meta, a cal podes ver no horizonte pero que non sabes se chegaras coa barra de vida chea ou cunha fina liña de puntos de saúde, ou con ela completamente vacía.

Polo tanto, vexamos como chego, pois a noite é escura e está chea de horrores, e son moitas as batallas a levar a cabo en pouco tempo.

 

Entón, prememos “Start”?

image

1. Imaxe recuperada de Pixabay.