1. Nova etapa, novo equipamento

Última actualización de en Sergio Polín

Chegamos a esta nova etapa do camiño, tras superar a primeira fase do desafío global que é o propio curso de 3º de Pedagoxía.

Chegamos despois de facer os examenes, o que quere dicir que todo o equipamento que tiñamos recollido está practicamente desfeito tras a Batalla Invernal contra as probas do primeiro cuadrimestre.

A miña armadura e as miñas armas están completamente desfeitas, e xa chegan as novas fases do xogo sen ter descansado o suficiente. Chegamos á materia de Tecnoloxía Educativa e dótannos dunha nova arma para combater na Batalla Final do cuadrimestre, a rede social Stellae. Este tipo de arma era unha que nunca viramos antes, que rompía co noso estilo de loita, empregado durante todas as aventuras anteriores. Con este novo recurso, estableceuse que non nos tiñamos que preocupar da última Batalla, pois este estaba orientado a que traballásemos e practicásemos con ela na nosa rutina diaria, con fin de que, sen necesidade de deixar que as nosas habilidades e coñecemento quedasen xulgadas nun espazo e momento concreto, puidesemos demostrar que estabamos preparados.

Dado a novidade do recurso, necesitei un tempo para poder adaptarme ó seu uso. Os comezos foron tranquilos, movido pola curiosidade, busquei comprender a funcionalidade que albergaba e as posibilidades que me ofertaba. Ó darsenos dúas modalidades de entrenamento con esta nova arma, escollín aquela que nos daba unha maior liberdade para practicar segundo ós nosos intereses, sempre tendo en conta o contexto no que estabamos a traballar. Polo tanto, foi o momento de todo xogo no que unha das personaxes che entrega a ferramenta coa que vas a comezar a túa andaina.

 

image

Imaxe recuperada de Pixabay

 

Polo tanto, eso fixen. A primeira parte desta etapa foi unha proba de como me manexaba con esta ferramenta. Pero non foi un camiño fácil. Pouco conseguín avanzar ata atopar nun punto no que sabía que dirección coller. Moitas perspectivas, moitos temas que poder tratar, e cada semana que pasaba moitos máis, pero o número de entradas mantíñase igual. E o tempo, cada vez ía a menos. Polo tanto, tamén foi necesario tomar un respiro e observar ó arredor para comprobar como estaban funcionando o resto de compañeiros de guerra.  Ese momento nas batallas onde ves o caos fluir ó teu lado a cámara lenta, mentres ti intentas asimilar a situación.

Os meus compañeiros, na súa maioría parecían estar na mesma encrucillada, polo que esa especie de pertenza social de non ser ó único con problemas ca nova arma aliviou a incipiente ansiedade. Pero conseguimos que o peso de Stellae non nos temblase nas mans e saímos adiante.

 

Lamentablemente, cando parecía que podía iniciar unha boa dinámica de traballo con Stellae, fomos chamados para realizar unha das misións principais deste xogo fora do noso territorio habitual, o que fixo deixar de lado por un mes o traballo coa rede.

 

Á volta, tras unha experiencia na que afortunadamente puiden relacionar moito do visto na materia, volvín con ós terreos coñecidos, onde as temáticas dadas foron realmente interesantes e permitiron dan un uso dar eficaz a Stellae, que neste tempo collera algo de polvo. Xa con algo máis de habilidade e experiencia, Stellae foi esgrimida con eficacia para levar a cabo entradas e aportacións con interese para min, e os días, pasaron máis rápidos ca nunca.

 

Polo tanto, a pesar de que costou atopar o camiño para seguir avanzando de fase en fase, conseguín aproveitar os momentos de dúbida para “levear” e volver ó traballo facendo aportacións das que estou moi satisfeito.

 

Agora ben, unha vez valorado o camiño, hai que valorar a produción do mesmo.