2. Houbo subida de nivel? Análise do contido

Última actualización de en Sergio Polín

O xogo chega ó seu fin e hai que repasar o que se levou a cabo durante esta travesía. Tras as fases de adaptación, de dúbidas, de traballo, queda o feito. Queda o legado que deixa un tras o seu uso de Stellae. Pode ser que se requirise máis tempo para poder empregar con total funcionalidade esta ferramenta, pero estou satisfeito coa miña maneira de usala.

 

Na primeira etapa desta travesía podo ver que focalicei o meu traballo nunha temática moi clara, a presenza das tecnoloxías nas nosas vidas. Agora, rememorando o traballo feito, vexo que barellei moitas opcións á hora de levar a cabo esta temática, pero que principalmente me quixen centrar na evolución social xunto coas tecnoloxías, como cambiaron a nosa forma de funcionar ou como un aspecto como pode ser as películas Disney teñan semellante relevancia na nosa forma de ser. Deste xeito, fixen unha especie de recorrido pola historia recente para ver como as tecnoloxías nos moldean ó mesmo tempo que estas evolucionan con nós, conectándonos e interrelacionándonos a través do intercambio de ideas, opinións e experiencias, entendidas como contidos. Este traballo da primeira etapa levoume a coñecer un termo como o de prosumidor, tendencia cara a que cada vez estamos máis inmersos, onde cada un ten a posibilidade de ofertar o seu contido propio con altas probabildidades de compartilo cos demáis e recibir un feedback. Acabouse os tempos donde só existían consumidores dunhas poucas fonte de contido.

 

Polo tanto, se tivera que poñer unha etiqueta a esta fase do xogo, diría que foi a fase de iniciación e contextualización da materia. Acabo de recibir unha nova ferramenta como é Stellae tras deixar as anteriores totalmente desfeitas, e estou nun novo contexto, polo que é momento de explorar, de coñecer onde estou e sobre que vou a traballar. Unha fase de familiarización co xogo. Deste xeito, formei unha base de datos, un coñecemento da presenza da tecnoloxía, orientado a aqueles aspectos da temática que máis relevantes me pareceron, dos que xa podía partir para levar a cabo a segunda parte da materia.


 

image

Imaxe recuperada de Pixabay

 

Tras o parón, volvín as clases e vin moi clara a temática sobre a que falar tendo en conta o que estabamos a ver, e esta foi a introdución e integración das tecnoloxías e o uso de recursos desde unha perspectiva pedagóxica.

O principal para min foi entender cal era o punto de vista do goberno en materia de tecnoloxías na educación, polo que unha das miñas entradas se baseou no estudo da LOMCE en referencia a este aspecto. Así conformei unha imaxe mental da consideración que neste se establece en torno á materia, quedando claro que, a pesares da palabrería exposta no documento do BOE, ó final vemos que se trata dunha mera introdución de hardware nas clases. É dicir, poño un ordenador dentro dunha aula, e fisicamente hai tecnoloxía dentro da aula, polo que o goberno considera o traballo feito.

Neste aspecto, foron moitos os contextos que busquei para poder exemplificar esta temática dun xeito que me resultase convincente. Finalmente, decidín recorrer ó exemplo máis próximo e coñecido que tiña, facéndolle a entrevista á miña amiga Andrea, que levara a cabo un proxecto nesta liña na súa empresa.

Do mesmo xeito, nesta segunda etapa da materia, quixen falar de recursos do meu interese e da súa aplicación dende unha perspectiva pedagóxica, como foron os videoxogos e o podcast, intentando levar a miña aproximación ó tema así como exemplos de como orientalos cara o mundo educativo. Neste aspecto, tamén traballei sobre os Recursos Educativos Libres, os cales non coñecía absolutamente para nada, e dos que me chamou particularmente a atención os OpenCourseWare, e dos cales considero que non hai a suficiente repercusión. Tamén estes últimos días, me centrei no estudo do artigo 13, do que intentei presentar aportacións que puidesen aclarar algo neste aspecto.

 

image

Imaxes recuperadas de Wikipedia

 

Deste xeito, concluiría a miña produción nesta aventura na que fun armado con Stellae, intentando darlle un proveito as capacidades da ferramenta.

 

Pero aínda queda a escena antes dos créditos finais de todo xogo, onde as personaxes, unha vez acabada a acción, botan a vista atrás de todo o periplo acometido, deixando caer a súa arma e quitando a armadura.