3. Comezando a compoñer

Última actualización de en tareixa gomez

En este segundo bloque incluiría aquelas entradas nas que, a partir dun contexto anterior que xa se ten coñecido (a inspiración), podemos pasar a reflexionar e plantexarnos cousas más complexas, a expresar os nosos sentimentos e opinións a través das nosas obras e incluso debatelas con compañeiros e compañeiras para seguir reflexionando e inspirándonos para obras novas.

Estes dous blogs para min foron os seguintes:

- Modificouse a forma en que aprendemos polas novas tecnoloxías?

- Educación aberta, software libre...ou pechado?

Esta segunda etapa para min sería como as primeiras melodías que compoñen os artistas, despois de moito aprender e escoitar a outros, comezan a elaborar as súas propias melodías cunha identidade única, creada a partir dun proceso de información, coñecemento e inspiración.

Resultado de imagen de niños músicos

Imaxe 1. Neno tocando. Recuperado de: https://pxhere.com/es/photo/641486