Con series comecei e con series remato.

Última actualización de en Ivan Penelo

Con series comecei e con series remato. Dende as miñas primeiras andaduras en Stellae, decidin facer desta rede social, algo que me fora a resultar divertido e que puidera facer cando me apetecera. Aínda non tiña claro en que ia a basar os meus blogs pero a posibilidade de que fora libre, era moito mais atractiva que a de limitarme dalgún xeito. Pensei que abondo limitados nos encontrabámos xa como para desperdiciar a oportunidade de facer un traballo de temas libres.

Recordo que cando comezaron as clases, falousenos de series , e ahí foi cando me din conta da gran cantidade de tempo que invertía vendo series, dabame igual a serie que fora simplemente mataba o tempo dese xeito, por iso pensei, por que non vou a ver series para sacar ideas para os blogs? Na miña cabeza era unha ideaza. Tras as primeiras clases de Tecnoloxía Educativa tiven a intención de poñerme a realizar os blogs, pero desgraciadamente a intención neste caso, non é o que conta. Comecei a ver series ou peliculas para así facer os meus primeiros blogs, pero sempre remataba do mesmo xeito, con varios capítulos vistos e os meus blogs sen empezar.

Comecei a falar cos meus compañeiros de como levaban eles a realización dos blogs e todos parecian estar acostumados a traballar con esta metodoloxía, a realización dos blogs dos meus compañeiros ia como din na miña casas “coma churros”.image

1. Imaxe de Google imaxes

Isto foi a miña inspiración na meirande parte dos meus blogs, pero tamén a miña perdición moitos outros días, entre eles hoxe.

O meu recorrido ao longo de Stellae como non podía ser doutro xeito vai a ser como nunha serie e como en todas as series non todas as temporadas van a ser iguais.