a. Os primeiros pasos

Última actualización de en Miriam Otero Aguete

Os comezos do curso estiveron cheos de dúbidas e medos ante este novo lugar descoñecido para min, a Tecnoloxía Educativa, e tamén pola nova metodoloxía de traballo que debiamos seguir: o emprego da rede social Stellae. En ningunha outra materia tiveramos que escribir blogs, tweets, comentar semanalmente o traballo dos nosos compañeiros e compañeiras… Toda esta novidade, unido ó descoñecemento, nun primeiro momento, de como empregar correctamente a rede social fixo que os comezos fosen algo complicados. 

 

Ó inicio do curso, a principal motivación para empezar a andar no camiño da rede social e, por extensión, das aprendizaxes nesta materia, foron as primeiras clases, especialmente as expositivas, nas que xurdiron moitas ideas e conceptos que lograron sorprenderme e provocar que decidise comenzar a escribir o meu primeiro blog, É posible aprender hoxe sen tecnoloxía? Propostas de formación con tecnoloxía. Por que e para que? Con que enfoque da formación e da tecnoloxía?

 

Este blog é tamén o primeiro que me gustaría destacar deste paseo pola tecnoloxía educativa, xa que grazas a el empecei a reflexionar sobre o papel da tecnoloxía nas nosas vidas e nas nosas aprendizaxes. Así mesmo, este blog tamén me axudou a adoptar unha postura respecto ó uso das tecnoloxías que foi moi importante para o desenvolvemento e reflexión dos seguintes blogs, xa que esta perspectiva adoptada tiña e segue tendo en conta tanto os elementos positivos como os negativos da utilización das tecnoloxías para as aprendizaxes.

 

Así, deste xeito, comecei a andar no camiño da rede social e nos descubrimentos en torno ó mundo da Tecnoloxía Educativa.

 

Imaxe 2. Os primeiros pasos. 

Fonte: Pawel L (https://www.pexels.com/@pawel-l-435199