b. Unha vila moi grande

Última actualización de en Miriam Otero Aguete

Continuando co meu paseo por esta nova vila, mais grande do que esperaba, fun descubrindo, ós poucos, toda unha grande cantidade de espazos e monumentos importantes que, para calquera habitante deste lugar, é fundamental coñecer. 

 
Imaxe 3. Unha vila moi grande. 
 

Deste xeito, fun investigando e descubrindo aspectos relativos á innovación e ás experiencias innovadoras con tecnoloxía, os proxectos autonómicos e estatais para integrar as tecnoloxías nos centros educativos, as modificacións que se dan nas formas de aprender pola tecnoloxía e tamén o que aportan as terías da aprendizaxe repecto desta última cuestión. 

 

Nesta etapa do proceso de aprendizaxe destaco como os blogs máis representativos: Ten sentido que se invirta o diñeiro dos contribuíntes nos proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas? e Modificouse a forma na que aprendemos pola tecnoloxía?, pois considero que para min supuxeron un longo proceso de reflexión en torno ó valor e as consecuencias da tecnoloxía educativa no alumnado e, en xeral, todo aquel que emprega a tecnoloxía como unha ferramenta de aprendizaxe. 

Esta etapa do meu proceso de aprendizaxe foi, quizais, a máis longa e significativa no tocante ós descubrimentos acerca de todo o que implica a tecnoloxía para a educación e as formas e consecuencias que está tomando a súa integración nas aulas de toda España e, máis concretamente, en Galicia. Supuxo, pois, a parte central do paseo pola vila que estamos a coñecer, asentando profundamente as bases para descubrimentos posteriores.