e) Xerminación

Última actualización de en Ana

Pouco a pouco, parte das sementes foron xerminando, observei así como delas comezaban a saír o que máis tarde se converterían en raíces que fixarían as plantas ao chan e as alimentarían. Da mesma maneira me pasou cos seguintes tres blogs: Modificouse a forma na que aprendemos pola tecnoloxía? Que din as teorías de aprendizaxe?, Competencia dixital. Que é? Por que é importante hoxe en día? e Educación aberta, coñecemento aberto, software libre... ou pechado e propietario? (Parte 1). Con estes blogs comezaba a asentarse a conceptualización máis profunda ao redor das TIC e da súa relación coa educación, o que permitiría que comezase a medrar unha aprendizaxe máis ampla e consistente ao seu redor. Así, agora teño claro que nos atopamos ante un escenario no que as tecnoloxías teñen o poder de cambiar a nosa forma de aprender, abríndonos as portas a novas posibilidades. Sei tamén cal é a importancia dunha verdadeira competencia dixital, concepto que se viu -por partes-anticipado en blogs anteriores, pero que agora ten gran consistencia. E comezou o que considero o principio da apertura a unha relación máis fonda entre a educación e as tecnoloxías, definindo os tipos de software e a educación aberta.

He conseguido germinar semillas de Luffa cylindrica (fotos)

Imaxe recuperada de https://archivo.infojardin.com/tema/he-conseguido-germinar-semillas-de-luffa-cylindrica-fotos.166192/

 

Referencias bibliográficas

Victorlupi (2009). He conseguido germinar semillas de Luffa cylindrica (fotos) [Imaxe]. Recuperado de https://archivo.infojardin.com/tema/he-conseguido-germinar-semillas-de-luffa-cylindrica-fotos.166192/