f) Crecemento das primeiras follas

Última actualización de en Ana

Como rematei dicindo na fase anterior, “comezou o que considero o principio da apertura a unha relación máis fonda entre a educación e as tecnoloxías, definindo os tipos de software e a Educación Aberta”, coa reflexión feita no blog Educación aberta, coñecemento aberto, software libre... ou pechado e propietario? Parte 2, comeza xa esa apertura. Na parte 1 definía os conceptos chave que uso neste segundo fragmento baixo o mesmo título para reflexionar sobre eles. Así, igual que á luffa lle medran as follas que lle auguran o crecemento e a produción de froito, este blog supuxo para min, ao descubrir a existencia da Educación Aberta e a súa relación co software libre, o comezo dun novo proceso de aprendizaxe que agardo traia tamén novos froitos. E da mesma maneira que os da luffa se usan para algo sorprendente, que é a produción de esponxas, espero que os froitos da miña aprendizaxe tamén logren asombrarme.

image