b. O desenvolvemento

Última actualización de en Rocío Ramos Lamela

Decidín que non ía comezar o meu camiño soa, sabía que necesitaba dunha guía para poder chegar a meta que me tiña marcada, foi por iso que escollín realizar os meus blogs ao redor dos temas propostos pola profesora.

Os meus dous primeiros blogs foron sobre http://Blog.1. É posible hoxe aprenden sen tecnoloxía? e http://A tecnoloxía incrementa as desigualdades sociais? Non son dos que máis orgullosa me sinta, pero foron cos primeiros que din os pasos para chegar o final do camiño, é por iso que penso que é importante mencionalos. Todos os logros teñen uns comezos, non sempre bos pero comezos.

Imaxe recuperada: http://www.reinadelcielo.org/benditos-obst%E2%A4%B5los/

A medida que foron pasando as clases tiña mais claro como desenvolver o contido e mellorar así os blogs, estes comezaron a ter unhas mellores bases e así poder camiñar mellor sobre eles, e sobre os aprendizaxes que ían deixando sobre min.

Un dos blogs que máis me gustou realizar foi o http://Blog.5.Proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas. Ten sentido que se inverta o diñeiro dos contribuínte niso? (1º parte) nel vexo reflexada unha gran parte da aprendizaxe que fun adquirindo ao longo do camiño.