1. Saída: medo

Última actualización de en Raquel Riobo

Dende que comecei a utilizar esta rede, non tiña nin a máis remota idea dos pasos a seguir para escribir un blog e resultoume bastante frustrante ao principio, xa que non sabía por onde comezar a redactar o primeiro deles denominado  “¿Es posible hoy aprender sin tecnología? Propuestas de formación con tecnología. ¿Por qué y para qué? ¿Con que enfoque de la formación y de la tecnología?

Recordo buscar e rebuscar en diversidade de páxinas que falaran sobre o tema durante horas e con bastante inseguridade por se non era suficiente información ou se non o redactaba dunha maneira correcta. Pero, unha vez que tiña a información que consideraba axeitada para o tema a tratar, comencei a encontrarlle sentido, deixar o medo a un lado e a centrarme no que recollín de toda esta información relacionada cos recursos tecnolóxicos e cómo utilizalos, a importancia de motivar ao alumando dende as TIC ademáis do imprescindible papel que teñen os docentes no uso destas tecnoloxías como un recurso didáctico, punto de inflexión para a realización dos blogs seguintes.