2. Subidas e baixadas: adrenalina

Última actualización de en Raquel Riobo

Neste momento da viaxe, cando empezas a subir preparándote para a sensación forte da baixada, comecei a facer un uso variado da rede social. Acostumbreime a empregar a rede con máis asiduidade e comecei a comentar aos meus compañeiros/as nas súas entradas como forma tamén de aprendizaxe.

Empreguei por primeria vez o apartado de twitter onde comentaba algunha frase referida as clases, tanto expositivas como interactivas como tamén avisos referidos aos momentos nos que subía algún blog.

A medida que xa pouco a pouco gañaba confianza cos blogs e a forma de facelos,  aprendín a contrastar información das distintas páxinas web, onde e cómo buscar información verídica e específica sobre os temas a tratar e sobre todo a engadir distintos artículos, imaxes e incluso vídeo de Youtube para unha estética máis visual do mesmo e cun estilo máis variado, como é  o caso dos blog 3 “¿Ten sentido que se invirta o diñeiro dos contribuíntes nos proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas?” e o blog 4 “Algúns proxectos autonómicos e estatais para a integración das tecnoloxías nas institucións educativas”.

A partir deste punto, comecei a reflexionar que por moito que se invirta nos distintos proxectos e recursos educativos baseados nas TICs, non é suficiente para que o alumnado leve a cabo un correcto e estable proceso de aprendizaxe. Por iso, é necesaria unha formación continua e mellora da práctica docente a través do uso de pedagoxías activas.

En definitiva, neste punto da viaxe aprendín sobre distintos aspectos referidos a utilidade da tecnoloxía , sobre qué ensinar, cómo ensinar a través dela, os obstáculos e metas a perseguir e sobre todo, ter en conta que é un elemento pedagóxico clave na educación.