3. Sensación inesperada

Última actualización de en Raquel Riobo

Coa chegada da etapa do confinamento, en xeral, foi un momento de incertidume ademáis dun obstáculo inesperado que ao principio non me deixou seguir disfrutando da atracción, o que provocou momentos de moito agobio.

A metodoloxía da materia cambiou en varios aspectos, e a profesora tivo que adaptar os contidos e traballos aos cambios do momento con actividades individuais. Unha delas e da que non tiña unha idea clara previamente foi a “actividade 4” referida as consecuencias da fenda dixital en tempos de confinamento. A partir dela, reflexionei sobre a necesidade urxente de políticas novas tanto de carácter educativo,  social e económico, para que todos e todas poidamos disfrutar das mesmas oportunidades á hora de aprender e evitar o estancamento do ensino e da apredizaxe.

Non obstante, no que atinxe ao proxecto grupal traballamos moi ben e cooperativamente por sacalo adiante aínda que ao principio se nos complicara, o que grazas ao que era un obstáculo comezou a verse como unha oportunidade de aprendizaxe, xa que creo que das malas circunstancias tamén se aprende.

Con respecto aos blogs e a rede puiden seguir con normalidade, facendo fincapé sobre o confinamento neles. Sen ir máis lexos, no blog 7 “Proxectos para a mellora da competencia dixital” propuxen varias iniciativas de proxectos mediante os cales o alumnado poida adoptar as competencias dixitais pertinentes, necesarias para desenvolver o máximo de aprendizaxes posibles mediante as TIC.

Por último, fixen un percorrido polos tipos de software no Blog 8, “Educación aberta, coñecemento aberto, software libre... ou pechado e propietario?”, quedándome co tipo de software libre xa que polas súas vantaxes que é a mellor opción para levar a cabo unha educación aberta  e compartida.