4. Fin da atracción: experiencia.

Última actualización de en Raquel Riobo

Por último, quero concluír o final do portafolios comentando, como dixen ao principio, que a asignatura comezou sendo un reto complexo, do cal aprendín de maneira global e específica, os aspectos que atinxen á tecnoloxía educativa e a reflexionar sobre a importancia que teñen as TIC educativamente falando para cambiar o futuro, ademáis de adquirir, persoalmente falando, competencias dixitais e soltura no emprego das tecnoloxías que antes non posuía.

E isto non acaba aquí, xa que como pedagogos/as considero que temos que estar continuamente documentados sobre o que está pasando para poder diseñar as mellores formas de cambiar e mellorar os procesos educativos, ou o que é o mesmo, seguindo o presente hilo, “querer montarse en todas as montañas rusas que existen, disfrutando da experiencia e vivindo distintas sensancións, pero sempre aprendendo da viaxe”.

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn%3AANd9GcSQcZ7rVto2eqdv8Khsx9udS-iLbY97MfRrQ5OT0fztybNmnXOX&usqp=CAU