Penso que este traxecto a través a través do arquipélago da ‘Tecnoloxía Educativa’ servíume para convertir a miña pequena barca nun bó barco, con grandes velas e potentes canóns para defenderme no enorme oceáno no que todos e todas navegemos.
Conforme ía avanzado nesta viaxe de illa en illa, máis experiencia ía acumalando e o meu barco máis forte e completo se ía convertindo. Por iso, o comezo foi duro, pero canto máis tempo pasábamos no mar, máis doado se convertía poder avanzar a través do arquipélago.
Decir que non só as visitas ás illas me aportaron información, se non que tamén o contacto e interación coas embarcacións do resto de compañeiros e compañeiras que xuntos/as navegamos a través deste arquipélago. Nesta interacción recomendábanme illas que me podían interesar ou, directamente, me aportaban algún material co que complementar o recollido en algúnha das miñas visitas.
Penso que esta metodoloxía de descubrimento guiado, a pesar de ter certas illas marcadas as cales tiña que visitar, permitíume a min, como capitán do meu barco, sacar de cada illa o que máis me interesase e máis se adaptara ó contexto da miña embarcación. Ademias, perimitíume adentrarme nas, xa comentadas, illas fóra da folla de ruta.
Unha vez rematada esta visita guiada a través deste arquipélago, podo decir que o meu barco chamado ‘PLE’ está nas mellores condicións para adentrarse no amplo e variado océano e seguir navegando, ó mesmo que tempo que visito outras illas, descubro novos materiais e novos xeitos de facer as cousas.